Maxia

 

         Se nos remontarnos a 1879 atopámonos co anuncio da actuación do prestidixitador Fortuna na nosa vila.

 

         O primeiro mago no Concello de Redondela do que teño referencias foi o mestre da escola de Vilar Infesta José Carlos Iglesias, coñecido artísticamente como o “Mago Yoscar”. Nas súas actuacións ademáis dos típicos trucos de cartas e de desaparición de obxetos destacaba o de hipnotismo. Este entusiasta profesor ademáis de formar equipos de futbol e balonmán, realizou numerosas actividades escolares e, entre elas, deu renda solta á súa afección creando en 1968 o grupo infantil de maxia “Los Magic Brothers”, composto por seis prestidixitadores e un faquir experto en tragar coitelas de afeitar. Debutarían ese mesmo ano nas festas da Coca nun festival infantil celebrado na Sala Parque La Junquera.

 

         Máis recentemente, a maxia atopou o seu oco na programación do festival Artistas na Rúa, na que comparten cartel con malabaristas, equilibristas, estatuas vivintes... Actualmente volta a estar de moda este xénero e ata téñense emitido programas adicados completamente á maxia na televisión. Isto veuse refrexado na nosa vila coa celebración, no 2009, do I Encontro de Maxia e a presentación ante o público no 2011, do mago redondelán Eloy Crespo co seu número “101 argucias y un imposible”.

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego

 

Faro de Vigo

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 02-07-2018