Títeres

 

             A noticia máis antiga que teño atopado é de setembro de 1895, cando unha compañía de títeres ofreceu dúas ou tres funcións en Redondela, tendo pouco éxito.

           

Tanxarina-Foto Programa Festival de Titeres de Redondela 2009
Tanxarina-Foto Programa Festival de Titeres de Redondela 2009

Tanxarina

Compañía de títeres fundada no 1983 por Esther Cabacés, Eduardo Rodríguez (Tatán), Elías Araujo e Marga Maderal. Desta primeira formación tan só continúa Tatán acompañado por Miguel Borines, dende 1984, e Andrés Giráldez. As súas actuacións ademáis de percorrer numerosas cidades españolas leváronos a actuar en varios países tanto de Europa como de América.

 

http://www.tanxarina.com/

 

 

Festival internacional de títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo)

Neste certame teñen participado grupos de puntos tan dispares coma Australia, India ou Arxentina. Celebrouse por primeira vez no 2000 e dende aquela non parou de crecer a asistencia de público.   

 

http://www.festivaltiteresredondela.com/

 

 http://www.blogoteca.com/xentetitiriteira/

 

 

 

 

 


Texto: J. Migueles

Actualizado: 6-5-2012

Escribir comentario

Comentarios: 0