Arte.

Debuxantes de Comic

 

 

Xesteira, Jandro (Redondela, 1975)

Debuxante autodidacta e licenciado en Bioloxía. Fixo exposicións individuais de ilustración en Redondela e Santiago de Compostela. Colaborou no cómic "Feliz Cumpleaños May" de Álvaro López (Polaqia, 2004), no fanzine "Barsowia" e no álbum "Capital", con guións de Kike Benlloch (Edicions de Ponent, 2006). Realizou ilustracións para unha exposición do Museo das Palabras, o Verbum, de Vigo.

http://www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=189&busca=Jandro

 

Ebanistas

Manuel Alonso.
Manuel Alonso.

 

Alonso Martínez (Fallusca), Manuel.

      Nado en Redondela o 27 de febreiro de 1927. Ós 14 anos entra como aprendíz no taller Hermanos Fernández, onde aprende a traballar a madeira. Durante o servicio militar recibe as súas primeiras leccións de pintura. Xa no 1949, concedenlle unha beca para estudiar escultura e talla en Vitoria, onde tamén recibiu clases de debuxo na Escola de Artes e Oficios. No 51 ingresou no taller de Andrés Novo, realizando esculturas e baixorrelieves, tanto en barro como en madeira.

Máis tarde, traballaría durante cinco anos para José Otero González (Mañas) realizando obras en madeira, pedra e pintura para o convento de Vilavella. Logo, emigraría a Alemania, voltando en 1966 para facer exposicións, colaborar en libros...

Tamén destacar a laboura que, xunto ós seus irmáns Genaro e Carlos Fotsca, realizou durante anos na elaboración das alfombras das Festas da Coca.

 

Foto cedida por P. Álvarez
Foto cedida por P. Álvarez

Álvarez, Pablo (A Bola-Ourense, 1974)

            Aínda que ourensán de nacemento criouse en Redondela. Foi o derradeiro alumno de “Sesé” Fernández co que aprendeu o oficio con tan só 14 anos. Realizou numerosas exposicións dos seus cadros ademáis de decorar restaurantes, cafeterías e pubs de Vigo, Ourense e Redondela con enormes murais tallados en madeira.

   

Fernández Crespo, José (“Sesé”) e Benito.

            Sesé (20-03-1914) e Benito (21-03-1916) nados en Santa Mariña. Xuntos abriron o taller de carpintería “Hermanos Fernández”, no que formarían a outros bos ebanistas, como Antonio Martínez Álvarez “Tonacho” e Manuel Alonso “Fallusca”.

Participaron en numerosas exposicións, recibindo nos anos 40 e 50 varios premios a nivel provincial tanto de forma conxunta como individualmente. Foron fundadores da Peña de Xan Carallás, realizando Sesé o Xan Carallás de madeira que se convertiría na “mascota” da peña. Obra do seu taller foi a representación das ánimas do cruceiro de Pasales, sustituida nos 80 por outra realizada por Sesé, que tamén faría varios traballos para a capela de Santa Mariña.

Benito casaría en Pontevedra creando alí o seu propio taller, mentras que Sesé  seguiría en Redondela, tallando “Xan Carallases”, “Cocas” e cadros de debuxos de Castelao entre outros.     

 

Fernández Núñez, Félix.

            Nado en Redondela o 18 de Maio de 1907. Aprendeu ebanistería co seu pai. Con 22 anos emigrou a Uruguai, formándose na Escuela Industrial de Montevideo. De volta a Redondela tivo como mestres a Leopoldo Otero “Pesquerello” e a Antonio Bujones. Foi socio de José Domínguez “Peixiño” e de Domingo Fernández “Farrucacho”. Entre os anos 40 e 60 especializouse en facer as caixas das radios. Tallou a mesa e as lámparas do salón de plenos do Concello.

            Por outra banda, tocou e cantou en varias rondallas e corales. Organizou en 1933 a Agrupación Artística Redondela, grupo de xóvenes que cantaban acompañándose con bandurrias no entroido, escribindo a meirande parte das letras do seu repertorio. Tamén escribía coplas para os maios. Despois de xubilarse publicou varios libros de poemas.

 

Martínez Álvarez, Antonio (Tonacho).

            Creou as súas propias versións do Xan Carallás e da Coca. Tamén realizou varios bastóns.

 

Pintores

Barros Montero, Ángel

            Restaurador autodidacta. Sendo rapaz na porta da súa casa moldeaba en barro as caras dos nenos que servían de modelos improvisados. O seu primeiro traballo foi na fábrica de Regojo diseñando panos. Tivo que emigrar a Brasil onde seguiu exercendo como diseñador e vendeu os seus primeiros cadros. Trasladouse a Suiza, onde iniciou un periplo que o levou por diferentes países: Alemania, Checoslovaquia, Dinamarca... Realizou diferentes traballos mentres seguía a pintar co propósito de visitar museos para coñecer as diferentes correntes e pulir o seu estilo. Finalmente estableceuse en París onde traballou durante 12 anos como restaurador nun taller que a súa vez traballaba para o Museo do Louvre. As veces tamén asesoraba na compra de arte e de este xeito coñeceu a algún famoso como o cantante Manolo Escobar. Anos máis tarde trocou París por Valencia, onde seguiu 18 anos como restaurador para a Universidade de Valencia ata a súa xubilación. Polas súas mans pasaron principalmente cadros de Picasso, Tapies e retablos de diferentes séculos. Na actualidade segue pintando obras propias e copias na súa casa de Reboreda.

            

Eugenio Cabaleiro. Autorretrato. Foto: Ver enlace
Eugenio Cabaleiro. Autorretrato. Foto: Ver enlace

Cabaleiro Álvarez, Eugenio (Redondela, 1934)

            Pintor. Comezou a súa obra ó prexubilarse con 58 anos. Emprega unha técnica de óleo sobre relieve.

Parte da súa obra figura  no Museo Torres de Marín (Pontevedra), no Museo Santa Catalina Renfe (Madrid) e na Asociación Ferial Semana Verde de Silleda (Pontevedra). Membro da Academia Europea de las Artes (Comité de París) e da Asociación Artístico-cultural de Pontevedra (ASACPO).

www.eugeniocabaleiro.com

 

Mª Dolores Caballero. Foto: Ver enlace
Mª Dolores Caballero. Foto: Ver enlace

 

Caballero Quinteiro, Mª Dolores (Redondela, 21-6-1933)

            Pintora. Diplomada en Maxisterio. Estudiou debuxo e pintura con Alfonso Quintero e Aurelio Lombera. É coñecida como La embajadora de Sargadelos polos seus cadros ó óleo das porcelanas de Sargadelos. A súa obra atópase exposta no Centro Gallego de Buenos Aires, México, Santo Domingo, Córdoba (Argentina), Roma, Francia, Madrid, Barcelona, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Alicante, Vigo, Sevilla, Valencia, Jaén, Bilbao, San Sebastián, Santiago de Compostela, Palencia, Guadalajara, Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Melilla.

www.galegos.info/detalle.php?id=388&tabla=gallegos

 

 

 

Suso Ben 2013 Foto Facebook
Suso Ben 2013 Foto Facebook

Cameselle Ben, Jesús. “Suso Ben” (Vigo, 1954)

            Iniciouse na pintura no instituto do Calvario tendo por mestre a Xavier Pousa. En 1979 participa no taller Abracadabra cos artistas Castro Couso e Ana Pasarín. Continúa a súa formación no 2003 estudando Belas Artes na facultade de Pontevedra.

Pintor establecido en Redondela, impartiu clases de pintura no Centro Recreativo e Cultural de Redondela entre 1989 e 1994, e entre 1994 e o 2012 na Aula de Pintura Municipal do Concello de Redondela, un periodo este no que xestionaba as actividades culturais do Concello. Entre os seus alumnos destacan Lino Lago, Alfonso Dasilva, o colectivo “Setetisnando”, Sara Donoso, María Soliño... Ten exposto as súas obras por toda Galiza. Artista completo compaxina a pintura coa música, teatro...

 

Lino Lago. Foto: Ver enlace
Lino Lago. Foto: Ver enlace

 

Lago, Lino (Redondela, 1973)

            Pintor. Licenciado en Bellas Artes na Universidad Complutense de Madrid. Parte da súa obra foi adquirida por: Museo de la “Fundación de las Artes y los Artistas” de Barcelona, Banco Central Hispano, Paradores, “Bite” Lituania, Zona Franca Vigo e Caixanova.

www.ligolago.net

 

Prateiros

 

Domínguez, Nicolas

            Entre outras obras, destaca unha cruz procesional para a igrexa de Santiago de Esposende (Ribadavia) en 1732.

 

 

Retabulistas.

 

Alonso de Villa, Benito (Vilavella, s. XVIII)

            En 1732 crea unhas imaxes de San Telmo para a capela da Nosa Señora do Socorro en Vilavella.

 

Alonso del Villar, José (Vilavella, s. XVIII)

            En 1795 fai o proxecto do retábulo e da pintura da capela maior de San Bartolomeu de Couto de Rozas (A Cañiza), pero finalmente a obra non se realizou.

Retábulo do Convento de Clarisas de Allariz. Obra de Juan de Araújo Foto de J. L. Cofán
Retábulo do Convento de Clarisas de Allariz. Obra de Juan de Araújo Foto de J. L. Cofán

 

 

Alonso del Villar, José (Vilavella, s. XVIII)

            En 1795 fai o proxecto do retábulo e da pintura da capela maior de San Bartolomeu de Couto de Rozas (A Cañiza), pero finalmente a obra non se realizou.

 

Araujo y Figueroa, Juan de (Vilavella, s. XVIII)

            Era natural de Vilavella pero fixou a súa residencia en Ribadavia.En 1771 fixo o retábulo maior da igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns. Varias das imaxes que se conservan nesta igrexa probablemente pertenceran a este retablo xa desaparecido. En 1773 iniciaría os traballos do retábulo de San Martiño de Tameiga. En 1775 estaba a traballar no retábulo de San Martiño da igrexa de Berducido. Outra obra súa é o retábulo do Real Convento de Clarisas de Allariz (Ourense). En 1787 o retábulo maior de Santa Mariña de Xestosa. O 29 de xuño de 1789, recibe o encargo de construir o retábulo maior da figresía de Santiago en Ribadavia.

 

Barros, José Enrique de (Redondela, s. XVIII)

            Só se coñece del que puxou pola construcción do retábulo maior da igrexa de San Adrián de Meder.

 

Casal Figueroa, Bartolomé de (Vilavella, s. XVII)

            En 1659 é contratado para crear o altar maior da Casa da Misericordia de Vigo.

 

Castro, Gabriel (San Estevo de Negros, s. XVII)

            En 1664 é contratado para facer o retábulo do Santo Cristo das Augas da igrexa de Santo Domingo de Tui. Desta obra consérvanse dúas figuras no Museo Diocesano de Tui.

Retábulo do Santísimo de F. Fontela.
Retábulo do Santísimo de F. Fontela.

 

Diesteiro, Domingo (Redondela, finais s. XVII)

            Só se ten referencia del por un préstamo de cartos que lle concede o Convento das Xustinianas de Vilavella en 1710.

 

Fernández, Martín (Redondela, s. XVIII)

            Realizou o retábulo maior da igrexa de San Adrián de Meder (Salvaterra).

 

Fontenla, Francisco (Vilavella, s. XVIII)

            A primeira obra que se lle coñece é o retábulo maior da igrexa de San Mamede de Priegue (Nigrán), contratada en 1765. Outra obra súa foi o retábulo de San Andrés ou do Santísimo da catedral de Tui, encargada en 1766.

 

Gago y Figueroa, Andrés (Redondela, s. XVIII)

            En 1756 realiza a custodia do retábulo maior e as pantallas dos púlpitos da Colexiata de Vigo con Mateo Martínez.

 

Iglesia y Figueroa, Andrés de la (Vilavella, s. XVIII)

            Descoñécense obras da súa autoría.

 

Santiago obra de Domingo Martínez. Museo diocesano de Tui Foto: Rande 1702 Arde o mar
Santiago obra de Domingo Martínez. Museo diocesano de Tui Foto: Rande 1702 Arde o mar

Martínez, Domingo (Redondela, s. XVII)

            Da súa obra consérvase unha táboa na que se representa o nacemento e a figura de Santiago Apóstolo, que pertenceron ó altar maior da Colexiata de Vigo. O retábulo maior desta igrexa foille contratado en 1681 e realizado ó ano seguinte, de estilo barroco foi pintado por Domingo Pérez (1694), de Tortoreos. Para a Colexiata tamén realizou o retábulo de San Antonio, xa desaparecido, que lle foi encargado no 1696.

Foi testemuña da Batalla de Rande en 1702, sufriu o saqueo da súa casa e o seu taller, sendo o seu relato recollido polo frade de Cesantes, Manuel Mos y Roza.

 

Martínez, Mateo (s. XVIII)

            Probablemente irmán do anterior creou con Andrés Gago y Figueroa a custodia do retábulo maior e as pantallas dos púlpitos da Colexiata de Vigo no 1756.

 

Portela, Francisco (Reboreda, s. XVIII)

            Non se coñece ningunha das súas obras. Aparece nas poxas do retábulo de San Adián de Meder en 1777.

Antonio del Villar-Retablo da Virxe da Expectación da Catedral de Tui 2009 Foto J. Migueles
Antonio del Villar-Retablo da Virxe da Expectación da Catedral de Tui 2009 Foto J. Migueles

Santos, José de (Vilavella, s. XVIII)

             En 1977 xunto con Juan Luis Pereira de Domaio, realizou 3 retábulos para a Igrexa Parroquial de San Martín de Moaña.

 

Villar, Antonio del (Vilavella, finais s. XVII)

            En Redondela realizou o Cristo articulado de Vilavella (1711) e o retábulo da Igrexa de Reboreda. Tallou varias imáxenes para a Igrexa de San Francisco de Vigo, o retábulo maior de Santa Liberata en Baiona (1738) e o do Convento de Santo Domingo en Tui (1742). Tamén son seus os retábulos da Virxe da Expectación da Catedral de Tui (1722-28), o maior da Colexiata de Baiona (1726), da Igrexa dos Xesuítas de Pontevedra, da Capela da Misericordia de Baiona, de San Xusto e Pastor de Entenza...

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 4-11-2013

Escribir comentario

Comentarios: 2
  • #1

    Eugenio Lueiro (sábado, 28 junio 2014 21:44)

    No veo a mi amigo Seijas, como pintor. ¿Puedo saber por qué?. Muchas gracias. Eugenio Lueiro.

  • #2

    Anecdotario Redondelán (jueves, 03 julio 2014 19:59)

    Hai moitos afeccionados á pintura en Redondela. Creo que están os máis destacados, a inclusión ou exclusión dun ou outro variará según a opinión de cada quen. Seijas paréceme un bo afeccionado pero ata onde eu sei nunca expuso fóra da nosa vila (corríxeme se me equivoco). Tamén faltan outros artistas que si teñen exposto noutras vilas. De tódolos xeitos é un traballo aberto e non descarto incluilo no futuro, se queres enviarme información ou fotos de Seijas e a súa obra non dubides en facelo.