Cine, Televisión e Teatro

Andrea Bayer, 2013 Foto: Faro de Vigo
Andrea Bayer, 2013 Foto: Faro de Vigo

 

Bayer, Andrea (Redondela, 1971)

 

Directora e intérprete de obras teatrais como: “Golulá” (Premio mellor espectáculo Infantil na X Feria de Ciudad Rodrigo, Premio espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Rivadavia, Espectáculo mellor valorado polo público infantil na IX Programación de Domingos do Principal 2008), Babiliglub” (Participó en Fetén 2008), "Rosalía, la pulga que escribía"… No 2012 acadou unha Mención de Honra no III Concurso Internacional de Cuentacuentos “Cuento en corto” organizado pola Red Internacional de Cuentacuentos e a Escuela de Escritores de Madrid. Establecida na cidade de Pontevedra tivo a honra de ser pregoneira das festas da Peregrina no ano 2013.

 

 

 

Miguel Borines Foto: tanxarina.es
Miguel Borines Foto: tanxarina.es

 

Borines, Miguel (Redondela, 1959)

 

Membro da compañía de títeres Tanxarina dende 1984. Tamén participou nunha obra con Matarile. Ademáis do seu traballo con monicreques, como actor ten formado parte das compañías teatrais: Antaruxa, Cirigaita, Produccións Teatrais do Sur, Teatro do Morcego e Centro Dramático Galego. Deu vida a Moncho na serie Serramoura da TVG. Tamén protagonizou numerosas curtametraxes, ademáis de ter pequenos papeis en series como Los hombres de Paco ou Libro de familia; e películas como Los lunes al sol ou Heroína.

 

 

 

 

Benigno Campos. Foto: galaxia.es
Benigno Campos. Foto: galaxia.es

 

Campos, Benigno (Chapela)

 

Presentador de televisión. Estando en Madrid no ano 1971 cumprindo o servizo militar comezou a afecceonarse á cociña grazas a súa amiga Tonina, tamén de Chapela. Pero a súa vida laboral mantívoo lonxe dos fogóns, traballando durante 39 anos nunha empresa da construción naval. Un xiro na súa vida levouno a converterse nun dos integrantes do programa de cociña da Televisión de Galicia Larpeiros, gravado no Pazo de Pousadouro, en Reboreda. A popularidade do programa vese completada coa publicación de varios libros de receitas.

 

 

Foto: cedida por "Cuchi" Carreira
Foto: cedida por "Cuchi" Carreira

 

Carreira, Fernando (Cuchi) (Redondela, 25-08-1973)

Director de cine. Ademáis de colaborar na grabación de arredor de vinte documentais é o autor dun traballo sobre o afundimento do Prestige. No tocante a Redondela dirixiu:

          Manolo Barros, un rebelde de aceiro, con guión de Gonzalo Amoedo; O Imperio textil, con guión de Ana Xesteira; Agrupación Folklórica Sección Femenina de Redondela; e Ángel. Ademáis é o creador do certame de cortometraxes Redondela en Curto e da televisión online, Redondelatv.

 

 

Silvana Couñago. Foto: galegos.info
Silvana Couñago. Foto: galegos.info

 

Couñago Sestelo, Silvana (Redondela, 4-12-1975)

 

Actriz e bailarina. Como bailarina danzou coa Compañía de Danza Druída e co Ballet Contemporáneo Spain Mura. Como actriz participou nas películas: Finisterre (1998), Os Mortos vas ás presas (2008) e Flores Tristes (2008). Actriz de reparto nas series Lendas de Galicia e Valderrei, tamén tivo personaxes episódicos en A vida por diante e Libro de familia. Ademáis fixo televisión (Luar, Son de estrelas...), teatro, curtametraxes, publicidade, video-clips...

 

Luis Crespo centro. La ventana de Chygrynskiy-Teatrodel zurdo Foto JulioCastro Jiménez 2011
Luis Crespo centro. La ventana de Chygrynskiy-Teatrodel zurdo Foto JulioCastro Jiménez 2011

 

Crespo Toucedo, Luis (Redondela, 1973)

 

Actor e director teatral. No 1995 funda xunto a Luis Bermejo a compañía Teatro del Zurdo. No 1999 esta compañía recibe o premio especial do xurado no Certamen de Teatro Joven de la Comunidad de Madrid pola obra "De aquí para allá". Outras obras nas que participou serían: Esperando al Zurdo, Lorca al Rojo vivo, Rosencrantz y Guilderstern han muerto, Los Caballeros de Aristófanes, Historias de Tíos y Machos... En Redondela propulsou o festival Artistas na Rúa.

 

 

J.A.Egido premio Goya 2002. Foto: www.alu.ua.es
J.A.Egido premio Goya 2002. Foto: www.alu.ua.es

 

Ejido, Jose Ángel (Redondela, 1951)

 

Actor. Cunha larga traxectoria no teatro chegoulle a popularidade pola serie Médico de familia. Logo, acadaría o recoñecemento cinematográfico co Premio Goya ao mellor actor secundario polo seu papel en Los lunes al sol (2002) de Fernando León. Volveu a ser nominado na mesma categoría por Los girasoles ciegos (2008). Na súa filmografía tamén destacan Rosa rosae (1993), El amor perjudica seriamente la salud (1996), Carreteras secundarias (1997), Abre los ojos (1997) ou La edad de la peseta (2007) entre outras.

 

En televisión tamén participou en Lorca, muerte de un poeta (1987) ou Ciudad sur (2000), e máis recentemente en Aguila Roja. Ademáis de colaborar en Siete vidas, El comisario, Aquí no hay quien viva...

 

 

Foto: Tanxarina
Foto: Tanxarina

Giráldez, Andrés (Reboreda, 28-03-1973)

Membro da compañía Tanxarina Títeres dende 1988. Tamén participaría nunnha obra con Produccións Teatrais do Sur S. L., de Cangas. Como actor de teatro ten actuado con Teatro do Morcego e o Centro Dramático Galego. Do seu traballo no audiovisual destaca un pequeno papel en Heroína ademáis de varias curtametraxes e a participación en series como Serramoura.

 

Goreti, campaña de Ausonia. Foto; charhadas.com
Goreti, campaña de Ausonia. Foto; charhadas.com

 

Guisande, María Goreti (Redondela, 1975)

 

Modelo e actriz. Rostro de numerosas campañas publicitarias e protagonista de varios anuncios televisivos a nivel nacional.

 

 

 

Martin Máez (Chapela)

 

Actor e cantante. Formouse como cantante na Escuela Allegro e na Escuela de Músicos de A Coruña, chegando á fase final no “Festival Internacional de O Landro”, en Viveiro, e no “Festival de xóvenes intérpretes”, de Ordes. Logo orientaríase cara a interpretación sen abandoar o canto e a danza, con cursos e seminarios, acadando a licenciatura en interpretación textual pola ESAD de Galicia.

 

Ten actuado en obras de teatro como: Cachorros de negro mirar (2009), Sueños de un seductor (2010), La Disputa (2011), O Cerdeiral (2011), Caixa tres, Bobina 5 (2011) e La última noche (2014).

 

O maior recoñecemento viríalle co musical, interpretando a Mogwli en “El libro de la Selva”, ao que seguirían “Pocahontas, el musical” (2012) e “El Patito Feo” (2013).

 

Tamén participa en “Apnea, une cadavre esquis”, obra que recibe o premio Ibérico Marta Sierio. En canto ao cine interviu en películas como: Un cuento para Olivia (2007), La noche que dejó de llover (2008) e Agallas (2009); ademáis de numerosas curtametraxes. No 2014 grabou a mediomeatraxe musical “D-Mus”. Ese mesmo ano como cantante publica o seu primeiro EP, “Secretos perdidos”.

 

 

 

 

Medal, Paulo (Cesantes)

 

Actor. No 2011 con Almudena Zurita e Fran Machado, presenta Impro K-Baret en Andalucía, espectáculo baseado na improvisación. Forma parte das compañías locais Educateatro ou Escuadra17 Teatro. Con esta última tamén forma parte do reparto das visitas teatralizadas ao Museo Meirande. Ademáis é reporteiro de RedondelaTV.

 

 

Piñeiro, Fernando (Fisi) (Redondela, 1971)

 

Como bailarín iniciouse no Centro de Ballet Devorah, pasando logo a integrar o Ballet Rey de Viana, e posteriormente a formar parte do Ballet da RTVG onde segue a bailar no programa Luar dende hai case vinte anos. Como actor ten actuado como figurante en varias obras teatrais e nalgún anuncio na TVG. Tamén ten exercido como DJ residente en varias discotecas.

 

"Tatán".  Foto: tanxarina.es
"Tatán". Foto: tanxarina.es

 

Rodríguez Cunha, Eduardo (Tatán) (Redondela, 1954)

 

Fundador das compañías teatrais Cirigaita (1980) e Produccións teatrais do Sur S.L. (1994); e as de títeres, A Monda Lironda (1982) e Tanxarina (1983). Ademáis traballou con Marionetas de Barcelona, Matarile, Teatro do Morcego e o Centro Dramático Galego.

 

No 1998 participou na súa primeira largometraxe, La lengua de las mariposas, baixo a dirección de Jose Luis Cuerda. No 2000 participou na segunda, Lena. Logo virían: El lápiz del carpintero, El regalo de Silvia, Tres en el camino, Heroína, Señora Beba (1ºpapel protagonista) e La Bella Otero. Ten actuado en numerosas series da TVG e varias curtametraxes, ademáis de dirixir varias obras teatrais.

 

 

Somoza, Manuel (O Viso)

 

Humorista. Alcanzou gran popularidade en 1986 ao chegar á final dun concurso de chistes da TVG chamado O Mellor. Dende entón ten grabado varios casettes sen deixar de actuar por toda Galicia, pero tamén en cidades como Barcelona, Buenos Aires ou Lisboa. No 2011 cumpriu as súas vodas de prata como humorista.

 

Presentació de La Noche que no acaba. Anna Bofarulll e Diana Toucedo. Foto: Patxi Cabrera
Presentació de La Noche que no acaba. Anna Bofarulll e Diana Toucedo. Foto: Patxi Cabrera

Toucedo, Diana

Editora. Encargada da montaxe de: In Between Days (2009), La noche que no acaba (2010), Les (2010). Como asistente de editor participou en Chico& Rita (2010).


 

David Amor

 

David López Amor non naceu en Redondela pero cabe citalo neste apartado por formar parte durante varias tempadas da plantilla do equipo de balonmán da S.A.R., deixando o mesmo no 2016. Despois de saltar á fama como humorista na TVG foi fichado por Antena3, onde protagonizou un programa de humor xunto a caras recoñecidas como Martina Kleim ou Anabel Alonso. Participa actualmente (2016) na serie Gym Tonic na mesma cadea.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 20-01-2017

Escribir comentario

Comentarios: 0