Educación e Investigación.

Constenla Doce, Xurxo (Rande-Cedeira)

            Arqueólogo. Participou en varias actuacións na Mámoa do Rei e no descubrimento de restos romanos na esquina das rúas Pontevedra e Areal en Vigo. Realizou debuxos baseados nos restos do Paleolítico atopados no sur da provincia de Lugo. Director de varias excavacións na cidade de Pontevedra.

            Impulsor do Museo Meirande e da musealización e recuperación do Monte Penide.

 

Cordero Carrete,  Felipe Foto: myheritage.com
Cordero Carrete, Felipe Foto: myheritage.com

 

Cordero Carrete, Felipe Ramón. (Redondela, 4-3-1894)

 

Nado en Redondela, de nai santiaguesa e pai portorriqueño. Aos dous anos foi levado a Puerto Rico, cando o seu pai se licenciou en menciña na Universidade de Santiago. Doctorouse en Ciruxía Dental na Universidade de Maryland (Baltimore), formando parte do corpo de sanidade do exército norteamericano na I Guerra Mundial. De volta a Galicia en 1921 instalouse en Santiago, onde foi concelleiro e membro da Sociedade Económica de Amigos do País. En 1933 ingresou no Seminario de Estudos Galegos na sección de Etnografía e Folclore. En 1934 licienciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago onde exerceu como profesor de idiomas. Ao ano seguinte foi nomeado Director do 1º pabellón da Residencia de Estudiantes. Xa nos 40 foi un dos impulsores do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, sendo nomeado Secretario de Honra cando se xubilou en 1972. Tamén foi cofundador da Sociedade de Bibliófilos Galegos e membro da Real Academia Galega. En 1977 concedéronlle a Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio. Publicou numerosos artigos nos Cuadernos de Estudios Gallegos, por exemplo: Veneras y cruces de Santiago na heráldica inglesa. No 2007 puxéronlle o seu nome a unha rúa de Santiago de Compostela.

 

 

 

Crespo Pozo, José Santiago (Padre Crespo). (Redondela 8-7-1909/ Colexiata de Xunqueira de Ambía 11-1978.)

Ingresou na orde da Mercé e cursou os seus estudios en Poio. Xa ordeado fraile mercedario converteuse en investigador de heráldica e xenealoxía. Publicou, entre outras obras e tratados, Blasones y linajes de Galicia. Tamén realizou estudos da lingua galega, escribindo un vocabulario castelán-galego. Foi membro de 16 Academias nacionais e estranxeiras: Real Academia Galega (1943), Instituto Peruano de Investigaciones Genealógicas (1951), Instituto Xenealógico Brasileiro (1953), The American Society of Heraldry (1953), Instituto Genealógico de Guayaquil (1953), Academia Costarricense de Ciencias Genealógicas (1953), Instituto Chileno de

Investigaciones Genealógicas (1953), Instituto Argentino de Ciencias Genealógicas

(1953), Academia Mexicana de Genealogía y Heráldica (1954), Instituto

Internacional de Genealogía y Heráldica, Federación de Institutos Genealógicos

Latinos, Academia Guatemalteca de Ciencias Históricas, Genealógicas y Heráldicas,

de la Academia Mota-Padilla de Guadalajara (México), Collegio Araldico de Roma

e Real Academia de la Historia (1977). Ademáis de recibir a medalla de Ouro e socio de honra da Asociación de Amigos de los Pazos(1976).En 1966 puxéronlle o seu nome á rúa na que naceu. Nomeado fillo predilecto de Redondela e da Provincia de Pontevedra, fillo adoptivo de Poio e de Sarria (Lugo).



 

Domingo Docampo. Foto: Familia D. Docampo.
Domingo Docampo. Foto: Familia D. Docampo.

Docampo Amoedo, Domingo (Redondela 23-09-1954)

Director da ETS de Enseñeiros de Telecomunicación de Vigo (1988-1990) e do Departamento de Tecnoloxías das Comunicacións da Universidade de Vigo (1991-1998).  Desde 1992 catedrático do Departamento de Teoría de la Señal y Comunicaciones da Universidade de Vigo, institución na que foi Rector entre 1998 e o 2006.

http://www.gts.tsc.uvigo.es/~ddocampo/ddocampoes.html

 

 

 

Iriarte Sanromán, Álvaro

            Lingüista. Nado en Redondela. Doutor en Ciencias del Lenguaje-Linguística Aplicada, titulado en Ensino da Língua e Literatura Portuguesas pola Universidade do Minho (Braga) e licenciado en Filologia Hispânica (Galego-Português) pola Univer­sidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa nas liñas de investigación da lingüística aplicada, a lexicografía, a lexicoloxía e a lingüística Contrastiva. É autor de numerosos traballos e artigos. Coordinou ó equipo do Diccionario Español-Portugués editado por Porto Editora no 2008.

 

Eladio Leirós Foto: liturgia.mforos
Eladio Leirós Foto: liturgia.mforos

Leirós Fernández, Eladio (Redondela, 14-9-1897 / Santiago, 4-12-1977)

            Coengo arquiveiro das Catedrais de Ourense e Santiago, Chantre da Catedral de Santiago, doutor en Filosofía e diplomado en Psicoloxía pola Universidade de Madrid e pola Academia Santo Tomás de Roma, doutor en Teoloxía e Filosofía pola Universidade Gregoriana, catedrático en filosofía nos Seminarios de Tui, Ourense e Santiago, catedrático de Filosofía nos Institutos de Ponferrada e “Arzobispo Gelmírez”, mestre de Filosofía en varios institutos de ensino medio, ingresou como membro correspondente na Real Academia Galega en 1945...

            Escribiu numerosos traballos, moitos deles publicados no Boletín da Real Academia Galega, nos Boletíns da “Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos” de Ourense e Lugo e nas revistas “El Museo de Pontevedra”e “Compostellanum” entre outros. Tamén colaborou co xornal “El Compostelano” de Santiago.

            Algunhas das súas obras:

El deambulatorio de la catedral de Ourense, 1948.

Catálogo de los archivos monacales de la S. I. Catedral de Ourense, 1951.

Documentos sobre los puentes de Orense, (comparte autoría coa súa irmá Mª de los Ángeles)

Don Enrique IV y el Arzobispo de la Catedral de Santiago de Compostela, 1956.

El espíritu de Juan XXIII (en torno al “Diario del alma”, 1973

San José en el orden sobrenatural, 1975.

 

 

Leirós Fernández, María de los Ángeles

            Mestra de Historia na Escola Normal de Santiago de Compostela, xa estaba en 1947 e continuaba no 1952. Co seu irmán Eladio Leirós Fernández escribiu o libro Documentos sobre los puentes de Orense.

 

Sara Leirós Fª en A Escola Normal de Santiago
Sara Leirós Fª en A Escola Normal de Santiago

 

Leirós Fernández, Sara (Redondela, 1897-Santiago de Compostela, 1978)

 

Realizou os seus estudos na Escola Superior de Maxisterio en Madrid. Despois de exercer en varias escolas primarias accedeu ao cargo de mestra numeraria de Filosofía e de Psicoloxía na escola Normal de Ourense. Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1929. Formou parte dun grupo de mestres e inspectores que na primaveira de 1936 visitaron Francia, Bélxica, Holanda, Suiza e Italia; co fin de coñecer de primeira man as novas correntes educativas implantadas en Europa. Despois da Guerra Civil exerceu como mestra de Xeografía e Historia na Escola Normal do Maxisterio feminino de Santiago de Compostela. Traballou neste centro, do que foi directora accidental en 1960, ata a súa xubilación.

 

Obra:

 

Compendio de Geografía General, 1934.

 

El Padre Feijoo. Sus ideas crítico-filosóficas, Santiago, Paredes, 1935

 

La Gracia y María en tu escuela, 1954.

 

El existencialismo en la educación, Paredes, Santiago, 1959.

 

El Cuidado, 1963

 

El Padre Feijoo: su magisterio. Antología de sus obras, La Voz de la Verdad, Lugo, 1967.

 

Pedagogía y salvación en la mentalidad hispánicas, 1967

 

Mi esperanza de siempre vivir, 1968.

 

Despliegue, 1973.

 

Pedagogía hispano-cristiana en su dimensión espiritual, 1973

 

Por el camino, El Eco franciscano, Santiago, 1975.

 

 

 

Mariño de Lobera, Juan (Redondela, s. XVI-XVII)

            Rector do colexio de Santiago Alfeo en 1616.

 

 

Martínez de Lobera, Pedro (Redondela, s. XVI)

            Catedrático de Filosofía en Santiago. No 1570 foi nomeado Rector do colexio de Fonseca.

 

Ernestina Otero. Foto: Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga
Ernestina Otero. Foto: Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga

Otero Sestelo, Ernestina (Vilavella (Redondela) 23-10-1890 / Vilavella 13-2-1956)

Despois de rematar os seus estudios na Escola de Maxisterio de Pontevedra no 1908 coas máximas calificacións, especializouse en Ciencias e Pedagoxía na Escola Superior de Maxisterio de Madrid.

Iniciou a súa carreira na Escola de Maxisterio de Pontevedra na cátedra de Pedagoxía. Era 1915, nunha España na que laboralmente a muller tiña un papel ben distinto que hoxe en día. Isto non impediu que co tempo chegara a ser a directora deste centro. Puxo en práctica numerosas innovacións educativas como promover o roupeiro e o comedor escolar, a educación de adultos ou o fomento do estudio e investigación das características históricas, xeográficas e culturais de Galicia.

Despois de 21 anos por motivos políticos, xa que mostrara o seu apoio a prol do Estatuto de Galicia, foi primeiro suspendida de emprego e soldo e despois trasladada á Escola Normal de Ourense, onde traballaría durante 13 anos. No 1951 recuperou a súa cátedra en Pontevedra, exercendo o ensino ata o seu falecemento 5 anos máis tarde. 

Nos anos 90 a súa figura veuse homenaxeada coa otorgación do seu nome a unha rúa da vila.

 

Sampedro Folgar, Casto Antonio (Redondela 15-11-1848, Pontevedra 8-4-1937).

Avogado que impulsou os estudios arqueolóxicos en toda a provincia. Publicou o Cancioneiro Musical de Galicia. En 1889 fundou a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra co fin de conservar a arte e a arqueoloxía da provincia salvando, por exemplo, as ruínas da Igrexa de Santo Domingo (Pontevedra). En 1927 foi un dos fundadores do Museo de Pontevedra. Foi membro da Real Academia Galega.  Impulsou a publicación “Documentos, Inscricións e Monumentos para a Historia de Pontevedra”,  da que o segundo volume atribúese totalmente a el. En 1940 o Concello de Pontevedra dalle o seu nome a un paseo situado frente a súa casa. En 1943 Redondela fai o propio cunha rúa e en 1987 colocouse na súa casa natal, na actual rúa Reveriano Soutullo, unha placa na súa memoria. Máis.

Texto: J. Migueles

Actualizado: 04-11-2013

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Constela, Xurxo

 

historiayarqueologia.wordpress.com

 

www.celtiberia.net

 

Faro de Vigo

 

La Voz de Galicia

 

 

 

Cordero Carrete

 

Galiciana => http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/consulta/busqueda.cmd =>

 

19350528 El compostelano-Carta ao director de Cordero

 

19551202 La Noche

 

 

 

Crespo, Padre

 

BOLETIN Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia nº8-pag16. IN MEMORIAN.

 

JOSÉ SANTIAGO CRESPO POZO. CENTENARIO DE SU NACIMIENTO. (1909-2009). Jerónimo López López e Carlos Viscasillas Vázquez

 

19540300 Spes órgano de la Juventud Católica de Pontevedra

 

Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xose Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)

 

19550301 Sal-Lux boletín interno Acad. Literaria de San Pedro Pascua

 

19550801 Hoja Oficial del Lunes

 

19540300 Spes órgano de la Juventud Católica de Pontevedra

 

 

 

Docampo, Domingos

 

http://www.gts.tsc.uvigo.es/~ddocampo/ddocampoes.html

 

 

 

Iriarte

 

Portal Galego da Lingua

 

 

 

Mariño e Martínez de Lobera:

 

18780630 El heraldo gallego

 

 

 

Otero Sestelo, Ernestina

 

Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.

 

Mestras de Redondela. 1900-1945. Ed. Asociación de Mulleres Xanela.

 

Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xose Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)

 

 

 

Leirós, Eladio

 

Don Eladio Leirós Fernández. Uxío Torre Enciso. 1980 Boletín nº 360 Real Academia Galega

 

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, Galicia, El Ideal Gallego, El Correo de Galicia, La Noche, El Pueblo Gallego

 

 

 

Leirós, Mª Ángeles

 

mulleresourensas.blogspot.com.es

 

 

 

Leirós, Sara

 

A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escola Normal Superior a ...‎ - Página 179. Aurora Marco, Anxo Serafín Porto Ucha - 2000 - 378 páginas

 

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, Galicia, El Noticiero de Vigo, El Pueblo Gallego

 

 

 

Sampedro, Casto:

 

Guía didáctica para escolares: Nº7. Don Casto Sampedro Folgar. Xosé Filgueira Valverde.

 

Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.

 

Casto Sampedro Arqueoloxía e memoria. 75 aniversario do seu pasamento. Varios autores, 2013

 

Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xose Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)

 

19230630 La Integridad-Carta ao diretor de Casto

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0