Empresarios

Carlos Aula Foto: La Vanguardia
Carlos Aula Foto: La Vanguardia

Aula, Carlos (Redondela, 1951)

            Sendo moi neno trasladouse cos seus pais a Barcelona. Alí cursou informática na Universitat Autónoma de Barcelona e comezou a traballar en 1977 como técnico no hospital de Vall d’Hebron e posteriormente no Institut Catalá de la Salut. Anos despois foi director de departamento no hospital Can Ruti de Badalona. Despois de 14 anos no sector sanitario, entra a dirixir o departamento de informática na empresa de seguridade Sas-Prosegur. Anos despois convértese en socio fundador de Sysdata. No 2000 esta empresa foi adquirida polos grupos Transiciel e Carlos Ubago, quedando Carlos Aula como director xeral de Transiciel na sede de Barcelona.

            Na súa mocidade tamén se destacou coma deportista, concretamente no paracaidismo. (Ver Deportes>Outros)

 

Gene Cabaleiro. Foto; blog.buybip
Gene Cabaleiro. Foto; blog.buybip

Cabaleiro, Gene

            Diseñador nado en Redondela. Entrou no mundo da moda levando a administración dun negocio de pantalóns que estaba creando Pedro Regojo. Alí descubriu a súa vocación e rápidamente pasou ao departamento comercial. A principios dos sesenta Pedro vendeu o seu negocio para pasar a empresa do seu pai, Regojo, que daquela estaba en pleno crecemento. Entre os compradores atopábase Gene.

            En 1969 decidiu abrir a súa propia industria, D’aquino. Tal foi o éxito que sacou outra firma co seu nome, Gene Cabaleiro, que se convertiu nun referente dentro da moda galega e abriu mercado en Europa e América. A década dos 80 foi a de maior expansión, chegando a abrir as súas propias tendas en: París, Amberes, Colonia... Entre os seus clientes atopábanse celebridades como Elton John, John Travolta ou Miles Davis. O director Pedro  Almodovar elexiu os seus diseños para a película “La Mala Educación”.

Problemas internos levarono á quiebra en 1996. Tivo que comezar de cero e cunha empresa máis pequena conseguiu facerse un oco nas tendas das illas Baleares e Canarias. No 2009, con 70 anos cumpridos decidiu sacar ao mercado a súa derradeira colección. Na actualidade segue a traballar pero a menor escala.

Entrevista:

 http://www.vtelevision.es/programas/modagallega/2010/06/21/0031_12_13740.htm

 

Ferrín, Bautista

Ver As antigas Empresas

Figueiral Rivero, Gonzalo.

            Foi dono de dous cines en Redondela e importador-exportador de útiles de pesca, sendo un dos primeiros comerializadores do nylon.

Foto: Ver enlace
Foto: Ver enlace

Gándara Sestelo, José de la.

Nado en Redondela e casado con Joaquina Cividanes Rodríguez, desenrolou a súa carreira empresarial en Vigo, onde tivo gran influencia entre finais do S. XIX e principios do S. XX. Presidente do Centro de Instrucción Mercantil (hoxe Círculo Mercantil) entre 1894 a 1899. En 1886 aparece xa como secretario na primeira xunta directiva da Cámara de Comercio, da que sería presidente entre 1921 e 1924. Neste organismo a súa laboura centrariase nas obras portuarias e na constitución do Depósito Franco (actual Zona Franca). Ademáis ocupou o posto de presidente da Junta del Puerto y Ría de Vigo ata 1919. Na súa actividade empresarial destaca a compra dun almacén de coloniais á familia Laforet, ubicado na parcela ocupada posteriormente polo cine Fraga. Tamén fundou a conserveira Gándara y Haz. Formou parte nos anos 20 do consello de administración do Banco de Vigo. Impulsou o monumento en Monteferro en memoria dos mariños falecidos durante a primeira guerra mundial.

http://www.camaravigo.es/es/jose-de-la-gandara-sestelo.html

 

Otero González, José

Ver As antigas Empresas

Otero Lago, Manuel

Ver As antigas Empresas

Octavio Ramilo. Foto: Revista RocMaquina-maio2005
Octavio Ramilo. Foto: Revista RocMaquina-maio2005

Ramilo Portela, Octavio (Redondela, 18-5-1889/ ¿?)

            Naceu en Redondela, aínda que os seus pais eran orixinarios de Porriño. Iniciouse no mundo laboral na empresa familiar de curtidos e tratamento de peles. Xunto co seu curmán, o arquitecto Antonio Palacios Ramilo, sería clave no despegue da industria do granito na comarca de Louriña. En 1928 é o primeiro de España en aserrar un bloque de granito, que bautizou co nome de “Rosa Porriño”, en pranchas de 3 e 4 cm. de espesor. Converteuse así no primeiro graniteiro, actividade que alternaba coa de marmolista e taller de canteira. Comezou logo a extracción de novos granitos que denominou “Mondariz”, “Dante”, “Gris Villar”, “Candeán”... dispoñendo a titularidad mineira, pero empregando expertos canteiros autónomos para a extracción.

 

Regojo, José

Ver As antigas Empresas

Jorge Rubín. Foto: La Voz de Galicia
Jorge Rubín. Foto: La Voz de Galicia

Rubín, Jorge

            Comezou traballando na peluquería do seu pai. A medidados dos anos 80 abriu o seu primeiro establecemento na rúa Urzáiz de Vigo. No 2009 a súa empresa contaba con 70 empregados e a franquicia de peluquerías “Jorge Rubín”  espállase por toda España.

            A principios dos 90 convertiuse nun dos catro fundadores da empresa estadounidense “I. C. O. N.”. Entre os logros desta empresa está a de ser elexida en 2009 pola organización dos Oscar para asesorar, peitear e maquillar ás celebridades. Outra firma américana á que está ligado dende a década dos 90 é O.P.I., que se encargou das lacas de unllas dos actores da película “Alicia” de Tim Burton.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 27-8-2012

Escribir comentario

Comentarios: 0