Literatura e Xornalismo.

Alberto Barciela. Foto: Ver enlace.
Alberto Barciela. Foto: Ver enlace.

 

 

Barciela Castro, Alberto Luis (Chapela-Redondela 1964)

            Director de comunicación e relacións externas da CRTVG desde 1994, membro do Pleno e da Comisión Permanente do Consello Galego de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia,da Ponencia Técnica de Novos Medios e do equipo técnico de estudios sobre Periodismo Electrónico do Consello da Cultura Galega. Periodista de profesión, é membro do Colegio Profesional de Periodistas de España, membro de número da Sociedad Española de Autores y Editores, e pertence á Asociación de la Prensa de Madrid.

Foi xefe de prensa do Centro Galego de Madrid, traballou nas revistas Sábado gráfico, El Caso e El Cocodrilo. Colaboró con diferentes medios de comunicación escritos e audiovisuais en Madrid, foi subdirector do Gabinete de Comunicación do Grupo Parlamentario Popular no Senado.

En 1990 regresou a Galicia, sendo director do Gabinete de Comunicación do Presidente de la Xunta  impulsando as Xornadas de Comunicación de Vilalba, o Club Internacional de Prensa de Galicia e o proxecto da Cidade da Cultura.

http://www.elcorreogallego.es/indexCanales.php?idMenu=58&idNoticia=51200

 

O Rey entrega o premio Don Quijote a Martina Bastos Andreu Foto: ABC
O Rey entrega o premio Don Quijote a Martina Bastos Andreu Foto: ABC

Bastos Andreu, María (1980)

Despois de vivir uns anos en Barcelona decide facer as maletas e marchar a Latinoamérica onde traballa como xornalista freelance. Ten publicado en medios como Etiqueta Negra (Perú) , Fronterad (España), Letras Libres (México e España) ou Popoli (Italia). No 2014 Martina Bastos foi galardoada co Premio Don Quijote de Periodismo por "La lluvia es una cosa que sucede en el pasado", publicado na revista peruana Etiqueta Negra, e que describe a relación dos galegos coa choiva. Anteriormente xa recibira varios premios polos seus relatos: Concurso 10 años viajando juntos de Viaxes National Geographic, Las Nuevas Plumas (2012), Microrrelatos de Caja de Ávila(2013), Certamen Internacional de Cartas de Amor y Desamor de Almuñécar (2013)...



José Cereijo. Foto: Ver enlace
José Cereijo. Foto: Ver enlace

 

Cereijo, José (Redondela 1957)

Poeta. Vive en Madrid dende 1968. Publicou: Límites (Colección Melibea, Talavera de la Reina, 1994), Las trampas del tiempo (Hiperión, Madrid, 1999), La amistad silenciosa de la luna (Pre-Textos, Valencia, 2003), Apariencias e Música para sueños (2007).

http://www.poesiadigital.es/index.php?cmd=critica&id=81

 

Dori Couñago Foto Myspace
Dori Couñago Foto Myspace

Couñago, Adoración (“Dori”) (Reboreda-Redondela, 1977)

            Licenciada en Filoloxía Hispánica estableceuse en Oporto (Portugal). Alí traballou como mestra de español e traductora para empresas, ata que lle xurdiu a oportunidade de dirixir un centro de adelgazamento para mulleres. No 2007 unha intervención quirúrxica troca a súa vida e abandona o seu traballo e comeza a escribir libros de autoaxuda. Os seus libros véndense en varios países de Europa e América e colabora cunha revista arxentina. Algunhas das súas obras tiveron como “madriña” á actriz Sienna Miller.

Obras:

“El juego de Dorasypepes”, “Bella por dentro, bella por fuera”, “El Poder”, “Princesa virtual”, “Hombres vacíos y mujeres sin brillo”, “Bullying”

http://steps2.net/adoracion/

 

Mendiño.

Nos cancioneiros portugueses pode aparecer coma Mendiño, Mendinho ou Meendinho.

Trobador medieval do século XIII ou XIV. Descoñécese o seu lugar de nacemento. Adicóuselle o Día das Letra Galegas de 1998. Compartiu este galardón con Martín Codax e Johan de Cangas. Só se conserva del unha única cantiga de amigo. É considerada unha das máis importantes da literatura trobadoresca galego-portuguesa. A cantiga fala da Illa de San Simón. (Ver Música>Antecedentes Musicais)

 

Ernesto Padín. Foto: Ilustración Gallega 1912
Ernesto Padín. Foto: Ilustración Gallega 1912

Padín y Lorenzo, Ernesto Casto (Redondela 13-11-1877- Madrid 19-4-1970)

            Poeta, Membro correspondente da Real Academia Galega en 1945. O seu discurso de ingreso versou sobre a teoría da orixe galega de Cristobal Colón. Publicou en galego o libro de poemas Amores e dolores, con prólogo na súa primeira edición de Ramón Otero Pedrayo. Chegou a preparar outro poemario, esta vez en castelán, titulado Flores y abrojos do que se publicaron algúns poemas en diferentes xornais. Foi redactor en Madrid do diario Mundo e da revista Semana Financiera. Colaborou en xornais como El Noticiero Español (Pará-Brasil), El Heraldo de Baena (Madrid), Gente Novel (Madrid), La Revista Popular (Vigo) ou El Pueblo (Redondela). Era procurador aínda que nunca exerceu, ocupando altos cargos no Ministerio de Facenda e anteriormente  secretario particular do Diputado a Cortes por Redondela, Francisco de Federico.

 

Puga y Gómez, Juan Crisóstomo (Redondela, 1574-Madrid, 13-12-1651)

Monxe mercedario e escritor místico. Escribiu “Vida del Vble. P. Fr. Juan de San José, fundador de los Descalzos de la Merced, año de 1638”, biografía do P. Juan Maroto, náufrago da Armada Invencible, que se conserva na Biblioteca Nacional, ademáis dun tratado xeralmente chamado Jardín del esposo co título de “Hortus deliciarium Divini Sponsi”.

 

Ignacio Ramonet. Foto: comunicadorescba.blogspot.com
Ignacio Ramonet. Foto: comunicadorescba.blogspot.com

 

Ramonet Míguez, Ignacio (Redondela 1943)

Criado en Tánger. Director do xornal francés Le Monde Diplomatique. Semiólogo, xornalista e profesor de Teoría da Comunicación na Universidade Denis Diderot de París. Foi alumno de Foucault, Burthers e Sartre. Especializado en relacións internacionais e globalización é autor de obras como Un mundo sin rumbo, Rebeldes, dioses y excluidos, Pensamiento crítico versus pensamiento, Cómo nos venden la moto (2000, con Noam Chomsky). La tiranía de la comunicación (2001), La golosina visual e Fidel Castro. Biografía a dos voces (2006) entre outras.

 

"Palabras tachadas" Foto todocoleccion.net
"Palabras tachadas" Foto todocoleccion.net

Sánchez Reboredo, José (Redondela 1941)

            Mudouse a Vigo sendo neno. Licenciado en Filosofía e Letras e Catedrático de Instituto. Autor de numerosos artigos de crítica literaria e dos libros El silencio y la música (1989 Ensaio sobre a poesía de Pimentel) e Palabras tachadas (1988 sobre a censura literaria na España da posguerra). Colaborador de varios xornais galegos.

Aurelio Sanmartín. Foto: A prensa en Redondela
Aurelio Sanmartín. Foto: A prensa en Redondela

 

Sanmartín San Vicente, Aurelio (Redondela)

            Poeta. No 1912 o seu poema Romance foi premiado co diploma de honra nos Xogos Florais de Pontevedra. En 1914 co tríptico de sonetos La Historia del Apocalipsis gañou o certame organizado polo xornal “Ilustración Gallega”.  Outros poemas seus serían: Visión, La serpiente ou Romancillo. En Redondela escribía no xornal literario “La Cigarra”, ademáis de colaborar en numerosos periódicos tanto da nosa vila como doutras localidades. En “Tramancazos” asinaba co pseudónimo “O Demo d’os Tras”.


Valcárcel, Xurxo (Chapela)

            Escribiu o conto “A noite do apalpador”, ilustrado polo creador de “Os Bolechas”.

 

Jose Angel Xesteira Foto: circodepulgas.blogspot
Jose Angel Xesteira Foto: circodepulgas.blogspot

Xesteira Pazos, José Ángel (Redondela 1946)

            Xornalista, foi redactor de Faro de Vigo e colaborador en varios xornais.

Ademáis de publicar Memoria de Redondela. Album de postais (Ed. Xerais 2001) xunto a J.L. Borines. Escribiu as seguintes novelas: Acompañoo no sentimento (Ed. Xerais 2001), Blues da Ría (Ed. Xerais 2001), Caldo de mares para homes libres (Ed. Xerais), Contos de familia (Ed. Xerais).  

Texto: J. Migueles

Actualizado: 13-10-2014

Escribir comentario

Comentarios: 0