Nobreza.

Casa Valladares

Gonzalo Muñoz. (¿?, S.XII)

Fernando II de León no 1159 concedeulle o Couto de Saxamonde. Logo entroncaría coa casa de Valladares ó casares con Estebana Aldonza Saez de Valladares, II señora de Valladares.

Luis Sarmiento de Valladares, Meira y Arines de Troncoso. (Saxamonde 16??-¿?)

            Fillo de Gregorio Sarmiento de Valladares y Meira e a súa curmá, Juana Sarmiento de Valladares e Meira. O 6 de xullo de 1673 é nomeado I Marqués de Valladares. Ademáis foi Vizconde de Meira (1669), Caballero de la Orden de Santiago e Mayordomo Mayor de la Reina. Todos estes títulos foron a recompensa aos servicios prestados durante a rexencia de Mariana de Austria e o reinado de Carlos II. Casou en primeiras nupcias con Baltasara Francisca Fonseca Vélez de Medrano, Marquesa de Lapilla, e en segundas nupcias con Baltasara de Toledo Coello e Portugal, da casa dos Coello de Portugal.

José Sarmiento y Valladares Museo Nacional de Historia de México. Foto: Rande 1702
José Sarmiento y Valladares Museo Nacional de Historia de México. Foto: Rande 1702

José Sarmiento de Valladares y Meira (Saxamonde 1643-Madrid 1708)

            Fillo de Gregorio Sarmiento de Valladares y Meira e por tanto irmán do anterior. Entrou no Colegio Mayor de Oviedo en Salamanca á 12 de Mayo de 1667. Caballero de la Orden de Santiago e do Consejo de SS.MM. Foi Arcediano de Valderas, Dignidade na Santa Iglesia de León; Cardenal do Apóstolo Santiago en 1671. Aos dous anos pasou a ser Alcalde de Hijosdalgo en Valladolid, e en 1676 foi Oidor de Granada. Foi Capitán General e Virrey de México entre 1696 e 1701 e Presidente del Consejo de Indias. Partidario da casa dos Hapsburgo solicitou o seu regreso a España trala morte de Carlos II. Á súa volta (sen os seus fillos) o 17 de novembro de 1704 o rey Felipe V concédelle unha franxa de terreo entre Atlixco e o mar e o nomeao I Duque de Atrisco e Grande de España de Primera Clase. Tamén recibiu da súa dona, María Jimena de Moctezuma y Jofre de Loaisa, o título de Conde de Moctezuma y Tule. Despois de quedar viúvo casou en segundas nupcias no 1694 con María Andrea de Guzmán y Dávila, tamén viúva do Duque de Sesa e neta do Virrey de Nueva España e I Marqués de Villamanrique. Voltou a España como pasaxeiro da Flota de Indias que sería derrotada na Batalla de Rande. Morreu en Madrid 0 10-09-1708, sendo enterrado no Convento de San Martín.

 

 

 

Conde de San Román

Brasón dos San Román no Cemiterio de Eidos, 2008.
Brasón dos San Román no Cemiterio de Eidos, 2008.

 

 

Jacinto Sarmiento de Valladares (¿?, S. XVII-XVIII)

            Fillo de Alonso Sarmiento de Valladares e Mariana de Pardiñas y Villardefrancos. O 19 de marzo de 1692 foi nomeado I Conde de San Román. Era dono da Casa da Torre en Redondela, polo que  no s. XVII era coñecida como Casa do Conde de San Román. Casado con Mª. Sarmiento Sotomayor.

 

Juan Antonio Sarmiento de Valladares. Natural de Redondela. Gobernador y Cabo de la plaza y villa de Vigo, Capitán de caballos y carrozas en la frontera de Portugal, Maestro de Campo General de batalla en Flandes e Gobernador de la plaza y castillo de Gante.

 

 

 

Pazo de Reboreda

 

Agustín Ramón Pereira y Mosquera Araujo Somoza

Natural de Feligresía de Reboreda (Bispado de Tuy). Director de la Renta General de Lotería, nomeado  Caballero de la orden de Carlos III o 1 de xullo de 1798.

 

Diego María Pereira y Mosquera

            Natural de Reboreda. Irmán do anterior. Teniente del Regimiento de Infantería de Toledo e Caballero de la Orden de Santiago no 1785.

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 02-4-2011

 

BIBLIOGRAFÏA

 

José Sarmiento Valladares y Meira

 

http://usuarios.lycos.es/aime/32virrey.html

 

http://www.infomed.es/cxregion/revista09/historico2.htm

 

http://www.dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=1458325&orden=64940

 

http://www.geneall.net/H/per_page.php?id=267261

 

Páx.359 de:

 

http://books.google.es/books?id=4HZ2K3byrSsC&pg=PA359&lpg=PA359&dq=conde+de+moctezuma&source=web&ots=xwKr-KefFI&sig=ySW5UjlOAdsawbPFuQZuWnnU13E&hl=es&sa=X&oi=book_result&resnum=8&ct=result#PPA359,M1

 

Google books: Breve compendio de los varones ilustres de Galicia...: Todo recopilado de varios autores (1887)

 

Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

 

Escribir comentario

Comentarios: 0