Redondeláns de Adopción.

Alfaya Bula, Javier (Ramallosa 6-8-1939)

            Criouse en Reboreda ata que, cando contaba con 7 anos de idade, o seu pai foi destinado como notario a León. Ó longo da súa vida aínda pasaría largas tempadas en Reboreda. Nos anos 60 comezou a colaborar en revistas literarias, programas de radio e xornais como Triunfo, Informaciones e Nuevo Diario. Xa nos 70 foi xefe das páxinas culturais de Realidades, El Europeo e Mundo Obrero; colaborou en Cuadernos para el Diálogo e, novamente, Triunfo.

            Logo traballou en radio, televisión, revistas como Sherzo e Contrarios e xornais como El País. Tamén escribiu ensaio, poesía e novela, ademáis de numerosos traballos de traducción xunto á súa dona. Destacar a súa novela Una luz en la Marisma ambientada en Redondela. 

Teo_Cardalda Foto: www.theworldmarch.org
Teo_Cardalda Foto: www.theworldmarch.org

Cardalda Gestoso, Teo (Vigo, 7-10-1962)

            Músico. Fillo do redondelán “Moncho” Cardalda e neto de Joaquín Cardalda Feijoo, quen fora concelleiro de Redondela nos anos 20, sendo daquela alcalde Saturno Cal.

Deuse a coñecer cando en 1982 xunto a Germán Coppini formou Golpes Bajos. O seu maior éxito foi Malos tiempos para la lírica. O seu segundo grupo sería Cómplices, en 1987, que axiña se convirtiría en dúo acompañado pola súa parella sentimental María Monsonís. Tamén publicaría discos en solitario en 1997 e 2001. É presidente da Asociación de Compositores y Autores de Música (ACAM-ROAIM), defensora do canon dixital.

 

Libro de José de Castro.
Libro de José de Castro.

Castro Arines, José de

            Nado en Tui, criouse cos seus avós maternos en Redondela ata os seus estudos de bacharelato. Estudiou Pintura, Dereito e Filosofía e Ciencias da Información. Exerceu como crítico de arte nos xornais Ya, Alcázar, Arte y letras e Informaciones, nos dous últimos como redactor, ademáis de ser director de Santo y seña. No 1951 recibiu o Premio de Teatro del Ateneo de Madrid e pouco despois o Premio Nacional de Literatura. Colaborou como experto en arte en RNE, TVE e no diario ABC.

            Membro fundador da Asociación Española de Críticos de Arte. Membro da Comisión de Bellas Artes do Ministerio de Cultura. Profesor durante 20 anos na Universidad Menéndez Pelayo de Santander. Recibiu varios premios polos seus traballos de investigación de enxeñería e arquitectura. Autor de numerosos ensaios e artigos de prensa.

 

Ángel Lemos. Foto: Ver enlace
Ángel Lemos. Foto: Ver enlace

Lemos de los Reyes, Ángel (Mojica) (Vigo 1-3-1917/A Estrada 5-12-2002)

Pintor que expuso en toda a xeografía galega, Palma de Mallorca, Bos Aires, etc., con obras en coleccións privadas por todo o mundo. Pasou a súa infancia en Redondela. Con 15 ou 16 anos co seu amigo Ramonet colle un tren correo con dirección a Madrid coa esperanza de ser alguén no mundo da arte. En León a policía os manda de volta, pero son recibidos como heroes e as coplas populares deron conta da súa aventura. Despois embarcaría en Vigo de polizón pero foi descuberto e desembarcado en Lisboa. Tras a Guerra Civil tentaríao de novo logrando esta vez chegar a Bos Aires. Regresa a España no 1977 establecéndose definitivamente na Estrada.

http://www.terra.es/personal2/anglemos/

 

Enrique Martínez. Foto: Wikipedia
Enrique Martínez. Foto: Wikipedia



Martínez Berrotarán, Enrique (Córdoba (Arxentina) 25-7-1887 / Bos Aires (Arx.) 2-12-1950)

O seu pai Rogelio Martínez Garzón, era natural de Marín. Estaba casado con María Teresa Fernández Vogino, filla do redondelán Bernardo Fernández López (Ver Persoeiros>Outros) e sobriña de Avelino Giráldez Pazo (Ver Alcaldes), Saturno Cal Muíños (Ver Alcaldes) e do procurador Bernardo Fernández Esteiro.

En decembro de 1927 foi elexido Gobernador de Córdoba, desempeñando o cargo entre o 17 de maio de 1928 e o 10 de outubro do mesmo ano. Deixou o cargo por ser elexido Vicepresidente da República Arxentina secundando a Yrigoyen en abril de 1928. Asumiu a presidencia de forma interina por razóns de saude de Yrigoyen, gobernando do 5 ao 6 de setembro de 1930 (día do golpe de estado).

Despois do golpe estivo encarceado 2 anos, logo se mudou a Bos Aires en 1934. Tres anos despois, nas eleccións internas do seu partido, foi candidato a presidente pero perdeu. Aínda presentaría a súa candidatura a gobernador de Córdoba en 1940, pero tampouco foi elexido.

John O´Doherty. Foto: Historia de las Rías.
John O´Doherty. Foto: Historia de las Rías.

 

 

O’Doherty Browne, John. (Bolyborron (Irlanda) 6-11-1777  /Redondela )

            Descendente da nobreza irlandesa, queda orfo ós 7 anos e cos 6 irmáns emigra a España fuxindo da persecución dos potestantes. Entra no exército español cos seus irmáns Henry e Clinton Dillon que morrerían en combate. John participou en numerosos combates navais: Las Guayanas, Las Malvinas, Río de la Plata, Trafalgar, Las Canarias....

En 1808, estando destinado no Apostadeiro da Portela, casou en Redondela con María Josefa Macedo Salazar. Xa na guerra da Independencia, 1809, luchou contra os franceses en Santander, A Coruña e Pontesampaio. Nesta última tivo un papel destacado, sendo alférez de navío e ó mando de 3 lanchas cañoneiras, foi o encargado da defensa da ponte romana dende a auga.

            Retirouse do exército en 1812 como Teniente de Fragata. En 1823 foi nomeado Ayudante Militar del Distrito de Redondela. Debido á dificultade para pronunciar o seu nome era coñecido popularmente como Juan do Juerto. Entre os seus descendentes destacan en Redondela os irmáns Juan Amoedo Seoane e Manuel Amoeo Seoane.

 

Puente Bahamonde, Ricardo (Ferrol, 1895-Monte Hacho (Ceuta), 4-8-1936)

            Comandante curmán do Xeneral Franco. Veraneou en Redondela ata a chegada da guerra, facendo amizade con Luis Pereira e a súa dona Ernestina Otero. Nunha ocasión en que a súa muller estaba na praia de Cesantes, lanzoulle un ramo de frores dende o avión que viña pilotando dende a base militar de León.

            Como militar destacouse na guerra de África recibindo dúas medallas. En 1934, durante o levantamento dos mineiros asturianos, foi relevado do seu cargo por sospeitarse que lle ordeara aos seus pilotos non disparar contra os civís. Máis tarde, durante os primeiros días do alzamento en Tetuán, sería fusilado por sabotear no nome da República os avións do aeroporto Sania Ramel. Trala súa morte a súa viúva viviu durante varios anos na nosa vila.

           

Diego San José. Foto: D. San José Paseo...-Gemma Ventín
Diego San José. Foto: D. San José Paseo...-Gemma Ventín

San José de la Torre, Diego (Madrid 9-8-1884/Redondela 11-11-1962)

            Novelista, poeta, autor teatral e xornalista. Fíxose famoso polas súas novelas cortas publicadas, entre outras, en El Cuento Semanal, La Novela Corta e La Esfera. Durante a República formou parte da Jefatura de Prensa do Director General de Seguridad, Ramón Fernández Mato. Tras o alzamento nacional do 18 de xullo de 1936 seguiu escribindo artigos en defensa da República polo que foi detido en abril de 1939. Condeado á morte a súa pena foi conmutada pola de 30 anos de prisión, grazas a intervención do xeneral Millán Astray que, parece ser, era lector asiduo da súa obra. Estivo preso entre outras cárceres na Illa de San Simón, na que pasou case dous anos. Alí ensinaba a ler e escribir a outros presos. Nunha ocasión un deles preguntoulle: “-¿Vostede cómo esta preso se sabe ler e escribir?-Precisamente por iso.”

Cando saiu en liberdade condicional en xaneiro de 1944 fixou a súa residencia en Redondela, amparado polo empresario José Regojo. Seguiu escribindo pero tan só vería escritos dous libros máis: Gente de ayer e Estampas nuevas de Madrid.

Reveriano Soutullo. Foto: Ver enlace
Reveriano Soutullo. Foto: Ver enlace

Soutullo Otero, Reveriano (Ponteareas 11-7-1880 / Madrid 28-10-1932)

Se ben os seus pais vivían en Redondela, naceu casualmente en Ponteareas onde a súa nai estaba visitando ós seus sogros. Ós 14 anos xa dirixía o Orfeón de Tui e con 15 era músico no Regimiento de Murcia destinado en Vigo. Logo trasladaríase a Madrid onde se destacou como estudante no Real Conservatorio de Música. Isto valeulle unha beca do Concello de Vigo para perfeccionar os seus estudios en Italia, Francia e Alemania, converténdose nun prestixioso compositor de zarzuelas, pasodobles... Moitas das súas obras firmounas xunto a Juan Vert, sendo o seu maior éxito a zarzuela “La del Soto del Parral”.

http://www.soutullo.com/

 

Victor Ureña. Foto: Arquivo Alejo Amoedo

Ureña Revuelta, Víctor Wenceslao (Espinosa de los Monteros (Burgos), 22-03-1927/Pamplona, 2002)

            Músico. Con tan só 7 anos comeza a estudiar solfeo e piano. Trala Guerra Civil amplia estes estudios cos de clarinete e trompeta. Comeza logo un periplo por bandas militares nas que oposita en 1945 a músico de terceira e en 1946 a músico de primeira. En 1952 licénciase no exército e comeza a dirixir a Banda Municipal de Redondela. En 1960 faise cargo da dirección da Banda Municipal de Ondárroa (Vizcaia) e en 1974 da Banda Municipal de Telde (As Palmas), ata a súa xubilación en 1992.

            Estudou nos Conservatorios de Madrid, Vitoria e Bilbao. Adicou a súa vida á docencia o que non lle impediu desenrolar unha carreira como compositor e arranxista. Xa xubilado comeza a colaborar co Conservatorio Municipal de Redondela e en particular coa Orquestra de Saxos. O conservatorio recibiu o seu nome como homenaxe póstumo trala súa morte.

 

Suso Vaamonde 1984. Foto: Ver enlace
Suso Vaamonde 1984. Foto: Ver enlace

Vaamonde, Suso (Regodobargo-Pontecaldelas 20-12-1950/Vigo 16-2-2000)

            Xesús Vaamonde Polo compositor e cantautor. Formou parte dos grupos musicais Os Copens, Marco Balorento  e Voces Ceibes, posteriormente comezaría a súa carreira en solitario. As súas letras de marcado caracter galeguista acadaron a súa maior radicalidade nun concerto en Pontevedra no ano 1979:

Cando me falan de España

sempre teño unha disputa

que se España é miña nai

eu son un fillo de puta.

            Esta estrofa supúsolle unha condea de 6 anos e un día de prisión por inxurias á patria con publicidade, polo que decide exiliarse. Despois de regresar en 1984 é indultado despois de cumprir 46 días no cárcere.

            Durante moitos anos viviu en Chapela, onde unha rúa leva o seu nome. En Redondela foi un habitual da Tasca de Mingos, facendo disfrutar ós parroquianos coa súa guitarra.

http://usuarios.lycos.es/susovaamonde/

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 25-05-2015

Escribir comentario

Comentarios: 0