Relixiosos.

 

Bacelar, Fr. Antonio (Redondela, s. XVII)

            Entre 1606 e 1608 pertenceu a un convento de Coruña. En novembro dese último ano xa habitaba no convento de San Francisco de Santiago. E no 1926 trasládase ó convento S. Lorenzo de Trasouto (Santiago), ocupando o cargo de predicador e lector de teoloxía moral e calificador do Santo Oficio. Publicou dúas obras sobre a tarea evanxelizadora do Apóstolo Santiago en España:

  • “Defensa de la cognación y parentesco de nuestro glorioso Apóstol y único patrón de España, Santiago el Mayor, con Cristo redentor nuestro en cuanto hombre, compuesto por...”. Santiago, por Juan de León, 1630. Este escrito sería reeditado en Coimbra en 1631 polo que Nicolás Antonio o considerou portugués.
  • “Relación sumaria en que se dice haber venido nuestro Apóstol Santiago a predicar a España y como después.... Tamén escrita no 1630, era unha crítica ós Padres Carmelitas.

 

Barreiro Estévez, Gregorio (Redondela, 1580/ Toledo, 1645)

Colexial de Santiago e Coengo Maxistral de Mondoñedo. En xullo de 1620 entrou no Colexio de Santa Cruz na prebenda teóloga. Logo desempeñaría as cátedras de Artes e Sagrada Escritura en Valladolid (1621) e sería Coengo Maxistral de Ávila en 1622. En 1627 gañou a Penitenciaria de Santiago de Compostela. E en 1629 foi nomeado  maxistral de Toledo, cidade na que faleceu ostentando a Maxistralía de púlpito. En 1641 fundou a Misa de Alba, adicada á xente do mar e ós pelegríns. Esta misa celebrábase en case tódas as vilas do litoral galego. En Redondela era celebrada polo abade, agás os domingos que a celebraban os frades da illa de San Simón, que viñan á vila a pedir esmolas.

 

Sermón de J. Fontenla. Foto: Ver enlace.
Sermón de J. Fontenla. Foto: Ver enlace.

Fontenla, Joaquín (Redondela, 1744 / ¿Santiago?, 20-6-1815)

Prior do Convento de San Agustín en Santiago de Compostela. Catedrático de Teoloxía e rector da Universidade de Santiago. Un dos seus sermóns baixo o título En reconocimiento de los beneficios, que devió a Dios con motivo del rayo del día 28 de febrero (Recurso electrónico), está recollido en Sermones españoles-Obras anteriores a 1800; e orixinalmente foi publicado en 1788 por Ignacio Aguayo Aldemunde.


Groba Carballido, Francisco

            Rector do colexio de Fonseca no 1658, logo ocuparía unha das canonxías da catedral tudense.

García Prego de Montaos. Foto: Apuntamentos...Amado Gzlez. Cardama.
García Prego de Montaos. Foto: Apuntamentos...Amado Gzlez. Cardama.

 

García Prego de Montaos y Sotomayor.

            Nado no século XV. Cóengo da catedral de Tui, arcediano de Cerveira e párroco de Vilavella. Iniciou a construcción do Convento de Vilavella en 1501 rematándose en 1554. Faleceu en 1566, sendo soterrado na Igrexa de Vilavella. 

 

 

Iglesias Lago, Dámaso Egidio (Vilavella, Redondela 30-8-1768 / Ourense 13-11-1840)

Doctorado en Teoloxía na Universidade de Santiago. Canónigo Magistral de la Catedral de Ourense dende xuño de 1794 ata xaneiro de 1816, data na que pasou a ser Canónigo Dignidad de la Catedral de Santiago. Nomeado bispo de Ourense o 24-3-1819. Nesta catedral propuxo e achegou financiamento para a substitución do altar maior. En 1829 foi nomeado Bispo de Coria, renunciando ao cargo para seguir como no Bispado de Ourense.

Apoiou o levantamento Carlista trala morte de Fernando VII en 1833. Viñeron daquela malos tempos para exercer a súa laboura coma Bispo. En xullo de 1834 a “matanza de frailes”. En outubro de 1835 se suprimen varios conventos da provinncia de Ourense. Logo se suprime o foro eclesiástico. Ao ano seguinte se saca a pública subasta os bens da igrexa e se suprimen os conventos de monxas de menos de 20 relixiosas. Sería o principio dunha serie de medidas coas que a desamortización mermaría o poder da Igrexa e amargaría o mandato de Iglesias Lago, que falecería en 1840, aos 71 anos.

 

 

Madre Constanza de Jesús (Redondela, s.XVIII)

Fundadora do Colexio dos Remedios as Orfas de Santiago de Compostela.

 

Ochoa, Juan Florencio de (Redondela, 07-07-1713 / ¿?)

Arquiveiro de Santiago, cura de Soandres, prior de Camporredondo, Sarandóns e Barosa, cura de Moraime.

 

Sarmiento y Sotomayor, Antonio Alejandro (Redondela 16-4-1683 / Mondoñedo 18-10-1751) “Padre Sarmiento”.

              Algúns autores cren que naceu en Ribadetea, mais o que sabemos con certeza é que foi bautizado en Redondela. Fillo de Diego Sarmiento de Sotomayor, y de Antonia Prego, criouse no Pazo de Petán. Monxe benedictino que foi General de la Orden de Benedictinos, Bispo de Jaca (tan só 8 meses, nunca chegou a esta vila por mor dunha doenza reumática) e logo de Mondoñedo (1728-1751). A esta última vila levou a traída de augas e nela construiu o seminario conciliar, o hospital, a ponte de San Lázaro e o santuario da Virxen dos Remedios. Deixou escrito a: Oración Panegyrica que en la solemne oferta que en nombre de el Serenissimo Señor Príncipe de Asturias”.


 

Sarmiento de Valladares, Diego (Redondela, 1609 / Madrid, 29-1-1695)

 

Autores como Mariano Alcócer o citan como natural de Redondela. Bautizado na colexiata de Vigo 10 de agosto de 1611. Tío de Luis Sarmiento de Valladares, I Marqués de Valladares. Graduose de Bachiller en Cánones na Universidade de Salamanca. Colexial de Santa Cruz na Universidade de Valladolid, onde en 1651 acadou a Cátedra de Leyes e a de Código e en 1652 a de Digesto e a de Visperas.

 

En 1655 renunciou á praza de Oidor da Audiencia de Pamplona. En 1657 nomeado Inquisidor de Valladolid. Auditor de Rota en 1659. Fiscal da Suprema Inquisición en 1660 e ao ano seguinte obtivo Conselleiro no mesmo Tribunal.

 

Bispo de Oviedo en abril de 1669 e de Plasencia en xuño do mesmo ano. Nomeado Presidente do Consejo Real de Castilla o 27 de maio de 1668. Inquisidor Xeral dende 1669. Do Consello de Estado en abril de 1680. Da Xunta de Goberno da Monarquía, sendo menor de idade Carlos II. Vicario da monarquia en Sicilia. Prior de Aracena.

 

Durante o seu mandato como Inquisidor Xeral, o 20 de xuño de 1680, presidiu un acto de fe con 118 reos para festexar a voda de Carlos II con María Luisa de Orleans. Faleceu en Madrid o 29 de xaneiro de 1695.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 06-04-2015

Escribir comentario

Comentarios: 0