A Peneda (O Viso)

           A Peneda é un monte situado na parroquia de O Viso, no límite entre Redondela e Soutomaior. A pesar de non ser unha cota demasiado elevada (327 m.) ofrécenos unhas vistas privilexiadas. No seu cumio atopamos a capela da Virxe das Neves do s. XVIII, construida sobre os cementos da fortaleza de Castrizán de 1477. Esta fortaleza foi destruida pouco tempo despois da súa construcción por Pedro Álvarez de Sotomayor, máis coñecido como Pedro Madruga. Dela se conserva o muro defensivo. Ademáis, atopamos os restos dun castro, do que se pode observar partes do muro exterior e restos de casas circulares. Tamén podemos ver a entrada do que puido ser unha mina romana. 

 

            Para saber máis.

 

Restos de bronce atopados en A Peneda.
Restos de bronce atopados en A Peneda.

¿Cómo chegar?

            Saír de Redondela cara a Pontevedra. Máis ou menos, a 2 km. atoparemos un cruce cara a O Viso. Atoparemos unha larga recta na que, sinalizado á marxe esquerda, temos a posibilidade dunha segunda visita a un mirador con vistas á Ría de Vigo. Seguindo a estrada tamén nos atopamos coa Igrexa Parroquial de O Viso e máis adiante un camiño á esquerda que nos conducirá ata o cumio da Peneda.

 

 

Estado actual (Agosto 2008).

            Os restos das casas dos castros atópanse sen sinalizar e cubertos de maleza. A mina romana está chea de pintadas, basura e prácticamente tapada pola vexetación.

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 23-4-2009

Escribir comentario

Comentarios: 0