Cabeiro-Saxamonde.

Sendeiro lineal de 3´6 km. Pista de terra ampla, perfecta para facer a pé, en bicicleta ou a cabalo. É prácticamente chá sen desniveis de consideración. O camiño remata no barrio de Casal do Monte (Saxamonde), xunto ó campo de futbol. Aquí a senda córtase, a seguinte etapa parte do outro lado da estrada Redondela-Porriño.

 

¿Cómo chegar?

            Saímos en coche de Redondela cara ó aeroporto de Peinador. Xa na parroquia de Cabeiro o camiño cruza a estrada (está sinalizado). Tomamos o tramo da esquerda.

 

Estado actual (2009).

            O sendeiro está ben sinalizado, contando con dous paneis informativos. No camiño atopamos dúas fontes e moi cerca, xa en Saxamonde, un área de descanso atravesada polo camiño de Santiago en moi malas condicións. Trátase da área recreativa Coto do Gran. Construida nuns terreos cheos de terrapléns presenta un total abandono, as mesas non teñenen bancos, hai unha especie de fonte de diseño horrorosa...; resumindo unha morea de cartos mal invertidos.

 

Conclusións.

            Este camiño é interesante polas súas paisaxes, altérnanse tramos de monte con tramos de pequenas explotacións agrícolas. Pódense observar numerosas especies arbóreas. Esta atravesado por tres regatos e nun deles atópase un muíño que externamente presenta un bo estado de conservación.

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 25-3-2009

Escribir comentario

Comentarios: 0