A Ruta da Auga. Cedeira - Vigo.

            Sendeiro lineal de 8 km. Agás un pequeno tramo asfaltado, é unha pista de terra ampla, perfecta para facer a pé ou en bicicleta. É prácticamente chá sen desniveis de consideración. Discorre paralelo á Ría de Vigo, ofrecendo un balcón natural á Enseada de San Simón, á Ponte de Rande e ás Illas Cíes.

 

            Ruta alternativa para bicicleta de 27 km.

 

¿Cómo chegar?

           

            Saímos en coche de Redondela cara a Vigo. Pasamos de largo o acceso á estación de ferrocarril e a 200 metros collemos á esquerda. Seguimos esta estrada ata ver un lavadoiro e unha fonte, neste cruce xiramos á dereita. Ó comezo da subida podemos observar na marxe dereita á entrada ó Pazo de Torrecedeira. Seguimos subindo ata as últimas casas e observamos un camiño do lado esquerdo, cos muíños do Pardo, e a dereita o sendeiro que nos levará ata Vigo.

 

Estado actual (2008).

           

            Este sendeiro abriuse este ano. Conta con moitos bancos de pedra, indicadores da distancia cada 500 metros e un par de fontes.

 

Conclusións.

           

            Probablemente, este é o tramo da Ruta da auga que máis paga a pena polas súas vistas. 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 26-11-2008

Escribir comentario

Comentarios: 0