A Ruta da Auga. Os Valos - Reboreda.

            Sendeiro lineal duns 7 km. Pista forestal ampla que nun futuro próximo pode chegar a ter tramos asfaltados porque serve de acceso a varias  casas na parroquia de Reboreda.

 

¿Cómo chegar?

            Saímos en coche de Redondela cara a Porriño. Ó chegar ó alto dos Valos, collemos á esquerda cara a Nespereira e Cepeda. A pouco máis de 100 metros outro cruce a esquerda (como se fósemos a voltar a Redondela). Neste pequeno tramo atopamos a saída do camiño na marxe dereita. 

 

Estado actual.

            En febreiro do 2009 se crearon áreas de descanso pero non se retirou a basura,  en zonas puntuais, nas marxes do camiño. A parte máis crítica é un tramo que pasa a carón dunha casa na que o dono acumula chatarra e desperdicios, invadindo parte do sendeiro.

 

Conclusións.

            Este tramo ten dúas partes moi diferenciadas unha nas parroquias de Saxamonde e Quintela, onde se atravesa un monte moi tupido, e outra  na parroquia de Reboreda cruzando áreas de pequenas leiras e algunhas casas, con vistas á enseada de San Simón, O Viso, Ventosela... O camiño remata no Muíño de Rachón xunto a unha fervenza que en inverno leva bastante auga. Aquí o camiño desaparece para continuar en Amoedo, xa en terras do Concello de Pazos de Borbén.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 23-4-2009

Escribir comentario

Comentarios: 0