A Ruta das Pedras (Ventosela).

Ruta das Pedras Foto Asociación de Veciños de Ventosela
Ruta das Pedras Foto Asociación de Veciños de Ventosela

       Sendeiro circular de 10 km. na parroquia de Ventosela con vistas á Ría de Vigo e con curiosas formacións rochosas:

1.      Conxunto Rupestre de Pedreira. Presenta petroglifos con esceas ecuestres e círculos concéntricos.

2.      As Pedras Agudas. Grupo de rochas presentes en moitas lendas locais.

3.      A Pedra Taió. A súa orixe mezclase coas lendas dos mouros e os seus tesouros.

4.      A Pedra das Abellas. Cóntase que nela había moitas abellas, polo que se chegou a poñer colmeas para recoller o mel.

5.      A Pedra que Fala. Forma unha pequena cova na que a nosa voz produce  reverberacións.

 

 

¿Como chegar?

            Saímos de Redondela cara a Pontevedra e a 2 km. veremos nunha curva un negocio de lavado de coches. Xiramos á dereita, logo á esquerda e outra vez á dereita. Despois de douscentos metros chegamos a un cruce que collemos á esquerda. Atopámonos xa na parroquia de Ventosela. Continuamos sempre de frente ata chegar á igrexa. No asfalto xa podemos ver as primeiras indicacións do camiño (frechas amarelas).

 

Estado actual.

En marzo de 2010 a Asociación de Veciños de Ventosela colocou unha nova sinalización, xa que a anterior fora retirada por algún “veciño”.

 

Conclusións.

A nova sinalización está ben e existen carteis cos nomes dos puntos de interese. É eloxiable que asociacións veciñais tomen a iniciativa cando non o fai o Concello. Esperemos que a nova sinalización dure e que autovías e demáis ameazas respeten este sendeiro.

 

Texto:J. Migueles

Actualizado: 4-4-2010

Escribir comentario

Comentarios: 0