Canastros.

           Podémolos atopar distribuidos por todas as parroquias de Redondela, e en xeral por toda Galicia. Son construccións coa función de poder secar o millo e outros productos do campo mantendoos a salvo dos paxaros e os ratos. Tradicionalmente eran construídos con pedra, madeira e tella do país, podendo aparecer outros materiais nos máis recentes: ladrillo, cemento... Elévanse do chan mediante pilares ou pegollos rematados cunhas pedras chamadas tornarratos porque son as que impiden o acceso ós roedores. A pranta do canastro galego é rectángular a diferencia da do canastro típico asturiano (tamén presente en terras luguesas) que é cadrada.  

            No casco urbán de Redondela atopamos canastros na Rúas Cabo dos Fumeiros e da Leña (bastante abandoados no 2009), ademáis dos de propiedade privada. E a pouco que nos fixemos tamén os atopamos espallados polas leiras das outras parroquias do concello.

 

Canastro na rúa Cabo dos Fumeiros. Foto: J. Migueles 2009.
Canastro na rúa Cabo dos Fumeiros. Foto: J. Migueles 2009.

Galería de Fotos: J. Migueles 2009.

Rúa Cabo dos Fumeiros              Alameda                              Rúa da Leña

Canastros nas diferentes parroquias.

Texto: J. Migueles

Actualizado: 27-06-2009

Escribir comentario

Comentarios: 0