Cemiterios Antigos

 

Cemiterio dos Eidos

 

 

 

Construido en 1833, ademáis dun encanto arquitectónico, este cemiterio ten un gran interese histórico xa que nel descansan os restos da meirande parte das personaxes relevantes da historia desta vila. En 1983 deixou de ser empregado por inaugurarse o cemiterio de Mañó en Quintela.

 

¿Cómo chegar?

            A entrada ó cemiterio atópase na rúa Campo das Redes no casco urban de Redondela.

 

Estado actual (2008)

            O mantemento do cemiterio é mínimo. Non estaría mal a limpeza da pedra de algúns pateóns e o empedrado do chan que segue a ser de terra. Outra opción, levada á práctica noutras vilas, sería o traslado das tumbas menos interesantes, históricamente falando, e convertir o recinto nun parque temático no que poder contemplar a arquitectura fúnebre e dar a coñecer a historia da vila.

 

 

Cemiterio Vello de Trasmañó

 

 

            Para os amantes dos sitios cun encanto de morte, é unha visita obrigada o vello cemiterio de Trasmañó. Trátase dun pequeno cemiterio no que os restos foron exhumados e trasladados ó cemiterio que se atopa xunto á igrexa parroquial. No centro do recinto aínda se pode observar a típica mesa de pedra para rezárlle as derradeiras oracións ó finado. Tamén podemos observar os restos de varias lápidas, unha delas sobre unha especie de sarcófago de pedra, e o relieve do chan indícanos os lugares onde se atopaban as tumbas escavadas. Absterse toda persoa que teña perxuicios con este tipo de lugares, xa que resulta bastante tétrico.

 

¿Cómo chegar?

            Saíndo de Redondela, dirixirémonos cara a Chapela. Ó chegar ó Alto da Encarnación viraremos cara á parroquia de Trasmañó. Ascendemos pola estrada e a uns 200 metros antes do Centro Cultural de Trasmañó do lado dereito, un corto camiño de terra condúcenos ó cemiterio, que xa se ve dende a estrada.

 

Estado actual (abril 2009)

            O lugar está totalmente abandoado e non se libra dos botellóns (hai xente para todo). Sería interesante un estudio en profundidade da súa historia. Se non se vai a desmantelar totalmente para adicar os terreos a outra cousa, un panel informativo e un mínimo de limpeza serían suficientes para que o lugar fora visitado (este tipo de lugares non son do gusto de todos pero teñen o seu atractivo).

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 4-3-2009

 

BIBLIOGRAFÍA

 

SEREN

 

Nº3. Os Eidos: “A vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro.

 

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Pueblo Gallego

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0