Cruceiros e petos II.

Redondela

Cruceiro do Carballo (Rúa Carballo): Ten inscrito “A DEVOCIÓN DE LOS SEÑORES DON MANUEL OCHOA I SU ESPOSA SE HIZO ESTE SANTO CRUZERO EN EL PRESENTE AÑO DE 1790”. A finais do s. XIX, o dono da propiedade privada na que se atopaba fixo un muro de peche, desprazando o cruceiro ata a súa ubicación actual. Na cruz hai un Cristo baixo INRI e a Virxe, co neno no colo, mentras dous anxos lle sosteñen unha coroa.

Cruceiro da Alameda: O fuste foi aproveitado dunha pérgola que había no parque infantil da Alameda e o resto foi realizado no 1975 por Soliño, empregado do Concello.

Cruceiro da Alfóndiga (Pz. da Alfóndiga): Realizado no 1982 polo veciño de Saxamonde Gerardo Senra Vilas por encargo do Concello de Redondela. Anteriormente nesta praza había un parque infantil. Na cruz aparece Cristo e a Virxe orando.

Cruceiro das Angustias ou de Santa Mariña (Av. Santa Mariña): Ata os anos 60 nel daban a volta as procesións das Angustias e de San Roque. Na cruz aparece Cristo e a Virxe das Angustias sentada co fillo morto no colo.

Peto de Ánimas do Cemiterio dos Eidos (R. Eidos): Probablemente foi construido a par que o cemiterio no 1830. O antigo retablo de madeira foi roubado, sendo sustituido po un de pedra obra de José Antonio Sueiro no 1992. En letras brancas lese: “UNA LAGRIMA POR UN MUERTO SE EVAPORA UNA FLOR SOBRE UNA TUMBA SE MARCHITA UNA ORACION POR SU ALMA LA RECOGE DIOS S. AGUSTIN”. O ratablo amosa a Cristo e debaixo del, entre as chamas, o Papa, un cura, un bispo, un frade e unha monxa.

Cruceiro da Mercé ou de Pousadouro (R. dos Eidos): Ten unha inscrición, hoxe ilexible “ESTA OBRA MD. HAZER PEDRO MARTINEZ Y SU MUGER ANTONIA”. Ata 1965 atopábase no centro da encrucillada, sendo desprazada ata a súa ubicación actual por iniciativa de Enrique Lorenzo, daquela dono do Pazo de Pousadouro. Este cruceiro foi esnaquizado varias veces por golpes de camións e coches. Na cruz ten un Cristo baixo INRI e a Virxe María orando sobre a cabeza dun anxo.

Cruceiro e Peto de Ánimas de Vilavella (Pz. Ponteareas): A finais do s. XIX era coñecido como Calvario das Monxas. Nesta época era mantido e xestionado pola Confraría de Ánimas de Vilavella, fundada en 1741. Ata os anos 80 atopábase na rúa Padre Crespo, próximo á desaparecida casa reitoral. En fotos antigas obsérvase que tiña 5 gradas das que tan só conserva unha. No peto ten pintada a seguinte inscrición: “ROMPED, ROMPED MIS CADENAS. ALCANZADME LIBERTAD. CUAN TERRIBLES SON MIS PENAS, PIEDAD, CRISTIANOS, PIEDAD”. A cruz presenta un Cristo e unha Piedade. No retábulo aparece Cristo flanqueado por San Antón e a Virxe, debaixo 6 ánimas entre as lapas.

Cruceiro de Don Pancho (R. Ernestina Otero): Ubicado na Finca da Granxa da Ponte de Lima, tamén chamada Banda do Maré. Propiedade de Benita Alfaya Martínez casada con Francisco Cunqueiro “Don Pancho”, que foi alcalde de Redondela. Hoxe urbanizada, o cruceiro atópase en terreos públicos. A cruz e as imaxes foron mercadas por Benita nas inmediacións da cidade de Pontevedra e o resto da obra foi realizada polo redondelán Enrique Vilas Alonso en 1964.

Peto esmoleiro da Capela de Santa Mariña (Av. Santa Mariña)

Cruceiro e Peto de Ánimas de Pasais (R. San Xoán de Arcal): Debe o seu nome á antiga existencia do marco dos “Paisás” (Pasais/Pasales) que delimitaba as parroquias de Redondela, Reboreda e Vilavella. Presenta unha inscrición prácticamente ilexible “...SACADME DE ESTAS PENAS...”. E na base do cruceiro “LA MANDO A-CER DO-LO. SYO-(ilexible)”. A finais do s. XIX era mantido e xestionado pola Confraría de Ánimas de Vilavella, fundada en 1741. Na cruz aparece Cristo e no peto un anxo salva a unha ánima mentras outras 5 continuan entre as chamas. O retablo de madeira foi realizado por Sesé Fernández nos anos 80 sustituindo a outro realizado polo Taller Hnos. Fernández (Sesé e Benito) o 28 de marzo de 1942 e pintado en maio de 1954.  

Cruceiro da Virxe de Fátima (R. da Cooperativa): Foi doada pola Diputación Provincial de Pontevedra ao Fogar Méndez Núñez, ubicándose nun miradoiro ao fondo do Paseo dos Buxos na illa de San Simón. No 1963 os nenos foron trasladados á Residencia Santo Domingo Savio, no Paseo da Xunqueira, e coñecida popularmete como a Casa dos Enanitos, xunto á que se ubicou o cruceiro. No 1978 a alcaldía autorizou o traslado do cruceiro ao seu emprazamento actual.

Cruceiro do Espíritu Santo ou do Carrascal (Camiño do Carrascal): Desaparecido no 1975 tralo desterre da propiedade na que se atopaba, os restos que quedaron no lugar empregáronse na construcción dun muro.. Atopábase nos terreos coñecidos como Carrascal ou Miraflores. Limitaba as parroquias de Redondela, Reboreda e Cesantes. Antes do s. XX, nel daba volta a procesión do Espíritu Santo que saía da capela de mesmo nome da que tan só quedan restos.

 

Saxamonde

O Calvario da Igrexa (Os Valos): Eran tres cruces, dous delas foron desmontadas pola ampliación da estrada. O seu abandono propiciou a desaparición da cruz central no 1995 e posteriormente a das outras dúas. Estaban datadas no 1775.

Peto de Ánimas de Os Valos (Os Valos): Sen retablo. Atópase nunha propiedade privada. Amosa a lenda: “HOY POR MY MAÑANA POR TY”.

 

 

 

Trasmañó

Cruz do Outeiral (Igrexa): Hoxe fronte ó edificio do Centro Cultural, tan só a cruz é antiga abandoándose o resto do conxunto na ubicación orixinal.

Cruz do Adro da Igrexa (Igrexa): Atopábase no medio do cemiterio, ata que nos anos 80 por mor da ampliación e desprazamento do cemiterio foi incrustado no muro de peche do adro da igrexa.

Cruceiro do Fondón (Igrexa): Nel daban volta as procesións ata que polo mal estado do camiño comezaron a darse na Cruz do Outeiral.

Cruceiro do Convento (Igrexa): Na base ten a seguinte inscripción: “Esta obra la mandó hacer la señora (ilexible) Ozores 1629”.

Cruceiro do Cemiterio (Igrexa): Feito de cemento sobre unha grada de pedra. Nel aparece o ano “1948”.

Cruz (Camiño do Can Branco): Cruz antiga que asoma sobre un muro de recente construcción.

 

 

 

Ventosela

Cruceiro das Saghrelas ou da Miñoteira (Vilar do Mato): Nunha encrucillada a carón da entrada a Aldeas Infantiles. A cruz amosa a Cristo e a Virxe co neno no colo. Realizado en 1992 por Antonio Alves Barbosa, veciño desta parroquia.

Cruceiro das Aldeas Infantiles (Vilar do Mato): Dentro do recinto das Aldeas Infantiles. Representa a Cristo e a Virxe.

Cruceiro do Lombo (O Lombo-Castiñeira): Foi derrubado en dúas ocasións por golpes de camións en 1998 e 2002, durante a construcción dunha casa. Tralo segundo non foi restaurado, desaparecendo o capitel e quedando o fuste roto en tres anacos. No 2010 continua en estado de abandono enfronte da citada casa e a súa ubicación orixinal.

Cruceiro do Torreiro ou da Igrexa (Castiñeira): Atópase cerca da igrexa e o cemiterio.  

Peto das Ánimas do Eido da Taberna (Castiñeira): O cambio do trazado do camiño hai uns douscentos anos deixouno emprazado no interior dunha vivenda, actualmente propiedade de Santos Couñago Míguez.

 

 

Vilar de Infesta

Cruceiro do Torreiro (Igrexa): Atópase preto da igrexa. Foi desprazado da súa ubicación orixinal en 1960. En 1980 foi destruido por un camión, sendo reconstruido por Gerardo Senra Vilas de Saxamonde.

Cruceiro do Cemiterio (Igrexa): O cemiterio foi inaugurado no 1966, pero probablemente este cruceiro se atopara anteriormente enriba do muro do adro da igrexa, xa que neste podemos observar un burato coas mesmas medidas que o pé do varal.

 

O Viso

Cruceiro do Alto do Viso: Nel pódese ler “JAY 17?7”. Dise del que foi erixido cos cartos enviados polos emigrantes da parroquia no Brasil. En 1965, despois do golpe dun vehículo, foi restaurado por Salustiano Bernárdez Martínez. Foi desprazado uns metros cando se ampliou a estrada.

Cruceiro da Peneda (Monte A Peneda): Realizado entre 1915 e 1920 por Casimiro Ogando Cal e Ignacio García. Xa se construira un cruceiro no mesmo lugar no ano 1883, sustituindo a outro destruido por un raio. Na cruz ten un Cristo baixo INRI e no fornelo unha caveira sobre duas tibias cruzadas.

Cruceiro de Baltar ou do Galleiro (A Mina-Soutoxuste): Atópase na subida ao Outeiro Grande. No 1965 a cruz foi destruida, sendo sustituida por unha similar obra de Salustiano Bernárdez Martínez. Esta desapareceu no 1998 e foi remprazada o 29 de setembro de 2007 pola actual, obra de Eladio Martínez Arosa (o Mudo, veciño de Bértola-Vilaboa).

Cruz da Casa Reitoral (Igrexa): No 2009 desprazouse uns metros ó adecentar o lugar como aparcamento para protexelo do tráfico.

Cruceiro do Loureiro (Parque Loureiro. Tuimil): Atópase no Parque Loureiro, ó carón do Camiño Portugués. Este parque foi inaugurado no 1993 pola Comisión de Festas da Nosa Señora das Dores. O cruceiro obra de Salustiano Bernárdez Martínez e Eladio Martínez Arosa, foi colocado o 31 de decembro de 1990. Na cruz hai un Cristo baixo INRI e a Virxe das Dores.

Cruceiro do Marco ou do Muro (O Marco-Saramagoso): A pesares de atoparse en terreo privado as procesións seguen acercándose a el.

Peto de San Antón (Tuimil): Atópase na parede dunha casa. O retablo de pedra é obra de Camilo Nogueira Martínez. Sustitue a outro máis antigo de madeira que se atopaba en moi mal estado. No retablo vese a San Antón entre nubes sobre 3 ánimas.

Cruceiro da Mina (Saramagoso): Realizado a principios do s. XX por Casimiro Ogando Cal e Ignacio García. A cruz actual foi realizada no 2007 por Eladio Martínez Arosa de Bértola (Vilaboa).

Cruz do Adro da Igrexa (Igrexa): Incrustado no muro do adro, carece de cruz.

 

                                                 

Cruceiros e Petos I                           

Texto: J. Migueles

Actualizado: 22-06-2016

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Cruces, cruceiros, esmoleiros e petos de ánimas de Redondela. Estanislao Fdez. de la Cigoña. Edit. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.2005.

 

SEREN

 

Nº 1, 2, 4 e 5. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela. Carlos A. Antuña e J. A. Orge.

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0