A Fervenza de Reboreda (Reboreda)-A Feixa

Fervenza de Reboreda. 2008. Foto: J. Migueles
Fervenza de Reboreda. 2008. Foto: J. Migueles

          

          Unha das paisaxes máis fermosas de Redondela. Nos oitenta os nenos se bañaban ós pés da fervenza. Anos atrás, as familias facían xantares campestres á beira do río.

No 2014 créase un novo acceso e constrúese unha escaleira que sube dende o pé da fervenza ata os muíños.


¿Como chegar?

(2008) En agosto do 2008 visitei a fervenza e isto foi co que me atopei. Intentei acceder a pé polo camiño que está xunto ó muíño vello, hoxe adicado á hostalaría. Atopei que o camiño estaba cortado por un portal (descoñezo se legal ou ilegamente). Cabía a posibilidade de poder acceder saltando de pedra en pedra polo río, pero deixei as aventuras para outro día e preferín preguntar a unhas veciñas. Unha delas comentoume que, días atrás, fora pola beira de enfrente, pero un veciño berráralle por atravesar as súas leiras. Decidinme a acceder polo camiño que empregara hai anos.

Saíndo de Redondela collemos a estrada cara a Amoedo. Xusto antes do supermercado Familia, atópase o acceso aberto para as obras do trazado do Ave. Onde se le “Prohibida la entrada a toda persona ajena a esta obra” saltar a malla de plástico. Seguimos o camiño da esquerda e, facendo frente a alta vexetación, chegamos á fervenza.


Estado actual

(2008). A paisaxe segue sendo espectacular a pesares da falta de accesos, o abandono e a alta vexetación.


Conclusións.

(2008) O curioso e que o Concello sempre emprega a imaxe da fervenza para promocionar o turismo, sen que os redondeláns e, moito menos os turistas, a poidamos disfrutar por toparse rodeada de propiedades privadas. Cun acceso adecuado e a construcción dunha zona de lecer poderiase convertir nun dos puntos máis visitados da vila. O ideal sería a construcción dun sendeiro que a enlazase cos diferentes muíños.


Outras fervenzas cercanas:

Fervenza detrás da Tapería "O Peirao" (Reboreda). Foto: J. Migueles, 2009
Fervenza detrás da Tapería "O Peirao" (Reboreda). Foto: J. Migueles, 2009
Fervenza e Muíño do Rachón. No Camiño da auga, preto do Campo de futbol do Reboreda. Foto: J. Migueles, 2009
Fervenza e Muíño do Rachón. No Camiño da auga, preto do Campo de futbol do Reboreda. Foto: J. Migueles, 2009

Texto: J. Migueles

Actualizado: 27-11-2014

Escribir comentario

Comentarios: 5
  • #1

    MªJosé (viernes, 14 enero 2011 00:03)

    pois si é unha pena que un lugar tan espectacular,o teñan tan abandonado,e que se permita cerrar os pasos de acceso que había antigamente a uns individuos que se creen donos y señores de todo....
    tamén é verdade que o concello emprega a imaxe desta fervenza como sitio turìstico,e logo os turistas atópanse con que non poden acceder a el,que penoso....!!!!!pois xuntémonos todos e fagamos un escrito ó concello para mellorar este acceso á fervenza de Reboreda..

  • #2

    lorena e samuel de 6ºA (miércoles, 19 enero 2011 10:56)

    queremos que o concello limpe a zoa para pasar e
    disfrutar da zoa...

  • #3

    María (martes, 25 enero 2011 22:17)

    É unha magoa atopar lugares tan fermosos nese estado tan lamentable i o que parece increíble é que ninguén faga nada para cambiar esta situación. Pero estou segura de que grazas a vós van a empezar a cambiar as cousas. Moita sorte e a seguir loitando polo que é de todos

  • #4

    Toñi (viernes, 28 enero 2011 18:45)

    Lembro cando de rapaza ia coa miña aboa para unha finca que esta xusto despois de cruzar as laxes daquela ata podiamos bañarnos, bueno eu non,era moi cativa pero si lembro a meu irman e os amigos.
    Agora xa ahi moitos anos que cerraron o paso e a verdade e que e unha bagoa que non poidamos disfrutar de algo tan fermoso.

  • #5

    carlos (sábado, 05 febrero 2011 18:49)

    Acabo deleer un artículo del Faro de Vigo (3.02.11) sobre
    la Fervenza de Reboreda y sobre la "historia" de proyecto
    europeo del alcaldable Sr Reguera. La misma historia que
    esgrimia Rey hace años. Lo único real es que tenemos un
    Concello que es el único responsable del deterioro que
    circunda las Cararatas. Son Terrenos Públicos y lo saben,
    pertenecen al Ayuntamiento y así constan en el archivo
    histórico de Pontevedra. El deterioro es responsabilidad
    del Concello, como también lo es recuperar el camino
    original de acceso a los molinos de Loroto, así como la
    fuente que manaba y mana al lado de los molinos. Que se
    dejen de cuentos europeos y que hagan retirar portales e
    impedimentos de paso por una zona pública donde la unica
    propiedad privada que allí existe es la de los inmuebles.
    Que recojan testimonios de los vecinos octogenarios de la
    zona, los cuales son los verdaderos conocedores de la
    situación y son tenedores de testimonios de sus
    antepasados, alguno de finales del siglo XIX.