Fontes e lavadoiros II.

 

 

PARROQUIA DE REDONDELA

Fonte Cunqueiro ou de Don Pancho (Av. Ernestina Otero) Porque se atopa na que fora propiedade de Francisco Cunqueiro Montenegro, Don Pancho, alcalde da vila en 1936 e 1949. Cambiada de ubicación e sustituida a pedra por un surtidor de ferro.

Fonte do Mouro (Pz.da Fonte do Mouro) Nela aparece a figura dun mouro. Existe a teoría de que pode pertencer a un grupo escultórico máis grande no que estaría representado o Apóstolo Santiago, coñecido popularmente como Santiago Mata-mouros. Da nome a unha praza construida nos anos 90. Dados os malos accesos que había a esta fonte, construírase outra máis perto da capela que desapareceu, xunto cun pequeno lavadoiro da fonte antiga, coa remodelación urbanística da zona. Ten inscrito o ano 1932 pero a fonte xa aparece como límite parroquial no Catastro de Enseada de 1752.

Fonte do Muro (R. Muro) Recibe o nome do lugar. Cambiou varias veces de ubicación pola ampliación da estrada e a urbanización. Foi realizada pola escola taller no 2006.

Lavadoiro do Muro (R. Muro)

Fonte Santiago Apóstolo (Pz. Santiago Apóstolo) Patrón da Igrexa Parroquial de Redondela.

Fonte da Tafona (Camiño da Tafona) Tafona é o establecemento onde se coce e vende o pan. Probablemente, chamada así pola existencia dalgunha panadaría ou muíño cercano. Da nome a unha rúa.

·        Fonte de Petán (R. Padre Crespo) Instalada na fachada do Pazo de Petán, recollía a auga da Fonte da Tafona, actualmente ten auga da traída.

 

Xa desaparecidas:

Fonte 14 agosto. (Rúa Loureiro): Chamada así porque ese día de 1922 apareceu a auga. A fonte foi inaugurada en decembro de 1922 e anos despois se lle incorporou un motor. Na súa inauguración lanzáronse bombas, un gaiteiro recorreu as rúas e repartíronse coplas alusivas nas que se daban as grazas aos que tiveron a idea de dotar de auga a ese barrio. En 1962 xa se atopaba en desuso.

Fonte de Contreras. (Praza Constitución): Estaba dentro dunha casa, pero os donos permitíanlle coller auga ós veciños.

Fonte da Lurusca. (Rúa Padre Sarmiento-Redondela): Atopábase cerca do “Bar Aparecido”. O daquela alcalde Raúl Carlos Gunche López (anos 40), trasladouna a unha finca cercana da súa popiedade. Neses terreos construiuse un edificio no que, curiosamente, houbo que instalar unha bomba de achique.

Fonte de Matilde. (Praza Ribadavia-Redondela): Cando esta praza tapou o río ocultouse tamén a fonte. Recibe o nome de Matilde González, dona dunha taberna cercana. As obras de ensanche e reforzo, realizadas no 2008, deixaron á vista como a auga seguía manando no mesmo lugar que se atopaba a fonte.

Fonte de Vilavella (Praza Ponteareas-Redondela): Ó rediseñar a praza (anos 80) non se molestaron en canalizar a auga. Ademáis a fonte foi cambiada de sitio, perdéndose no traslado un pequeno abrevadoiro para os animais (cabalos, bois...) que tiña na parte posterior. Segue atopándose na mesma praza pero seca.

Lavadoiros da Xunqueira (A Xunqueira-Redondela): Comezaron sendo nada máis que unhas pedras no río. En setembro de 1932 son tapadas cun tellado e, posteriormente, construíronse uns lavadoiros de ladrillo. En 1995 foron desmantelados por falta de utilidade, sendo sustituidos por un paseo.

Fonte de Pereira. En setembro de 1910 decidiuse inutilizala por non cumprir as condicións mínimas. Meses despois falábase da posibilidade de trasladala á Praza de Abastos para utilizala na limpeza da mesma.

Fonte de Solla. En setembro de 1910 era boa para o consumo.

 

PARROQUIA DE SAXAMONDE

Fonte do Arcal (Padrón)

Fonte do Barrio Padrón (Padrón)

Fonte da Bulgeria (Padrón)

Fonte Casal do Monte (Casal do Monte)

Fonte dos Cucos (Padrón)

Fonte da Escola (O Viso)

Fonte lavadoiro do Lugués (Os Valos)

Fonte da Pedreira (Os Valos)

Fonte da Portavella (Portavedra)

Fonte do Pozo do Monte (Padrón)

Fonte do Preto (Casal do Monte): Recuperada no 2008 pola actuación no Camiño da Auga.

Fonte de San Román (Os Valos): A esta fonte antigamente se lle concedían propiedades medicinais, polo que acudían a ela enfermos tanto de Redondela como de outras vilas.

Fonte dos Valos (Os Valos): Ano 1932.

Fonte da Veleira (Casal do Monte)

Fonte de Vilanova (Vilanova)

Fonte xunto á antiga escola (Saxamonde)

 

PARROQUIA DE TRASMAÑÓ

Fonte da Autopista-O Troco (Cabanas): Reconstruida e desprazada uns metros no ano 2010 pola construcción dunha rotonda.

Fonte do Campo de Fútbol (Trasmañó)

Fonte lavadoiro das Figueiras (Cabanas)

Fonte lavadoiro da Lamosa (Trasmañó/Chapela)

Fonte da Lamosa (Trasmañó)

Fonte da Praia de Cabanas (Cabanas)

Fonte lavadoiro da Queimada (Cabanas)

Fonte lavadoiro do Río Longo (Cabanas)

Fonte lavadoiro Río Maior (Cabanas)

Fonte de San Vicente (Igrexa)

 

PARROQUIA DE VENTOSELA

Fonte Baixo C. Laxes (Vilar do Mato): Ano 1988. Auga da traída.

Fonte da Caramboleira (Vilar do Mato)

Fonte de Castiñeira (Castiñeira)

Fonte da Rachadoura (Castiñeira): Restaurada no ano 2000.

Fonte dos Tres Abades (Castiñeira)

Fonte das Toxeiras (Vilar do Mato)

Fonte lavadoiro de Zabarís (Castiñeira)

 

 

PARROQUIA DE VILAR DE INFESTA

Fonte do Fandingo (Igrexa)

Fonte lavadoiro de Fixón (Igrexa)

Fonte da Flora (Igrexa)

Fonte de Florentino (Millarada)

Fonte da Lata (Millarada)

Fonte da Milleira (Igrexa)

Fonte lavadoiro da Pena (Millarada)

Fonte de San Martiño: Recuperada no 2008 pola actuación no Camiño da Auga.

Fonte dos Teixugos (Igrexa)

Fonte das Trexugueiras (Millarada)

PARROQUIA DE O VISO

Fonte do Allo (A Nogueira)

Fonte lavadoiro de Auga Enterrada (A Nogueira)

Lavadoiro de Cancelos (Tuimil)

Fonte e lavadoiro Os Cochiños (Tuimil)

Fonte do Cuncheiro (Soutoxusto)

Lavadoiro do Cuncheiro (Soutoxusto)

Fonte do Escredo (Nogueira)

Lavadoiro do Escredo (Nogueira)

Fonte lavadoiro de Fontán (Soutoxusto)

Fonte do Loureiro (O Viso)

Fonte do Marco (O Viso)

Fonte da Nogueira (Nogueira)

Fonte lavadoiro do Pazo (Soutoxusto)

Fonte lavadoiro do Pío (Saramagoso)

Fonte lavadoiro da Poza (Saramagoso)

Fonte lavadoiro da Presa (Tuimil)

Fonte do Regueiro (Nogueiro)

Fonte Saramagoso (Saramagoso)

Fonte da Sobreira (A Nogueira)

Fonte Curva de Soutoxusto (O Viso)

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 13-10-2013

Subir

 

 

Fontes e Lavadoiros-1                                                                                    Pontes

 

 

Inicio

 

Toponimia

Escribir comentario

Comentarios: 0