Illa de San Simón (Cesantes)

            A Illa de San Simón é en realidade un archipélago formado polas illas de San Simón e San Antón unidas por unha ponte, ademáis de varios illotes menores.

Trátase dunha illa chea de encanto xa que por ela pasaron Cabaleros Templarios, o pirata Francis Drake e diferentes congregacións de monxes; inspirou ó poeta Mendiño a famosa cantiga de amigo Sedíame na Illa de San Simón;  escenario da batalla de Rande e no pasado máis recente foi lazareto e cárcere durante a Guerra Civil.

Ver Historia > Historia da Illa de San Simón

 

¿Cómo chegar?

Información na páxina de turismo de Redondela e a dependente da Xunta de Galicia.

http://www.turismoredondela.net/

http://www.fundacionilladesansimon.org/index.php

 

Estado actual (2008)

Para quen visitou a illa nos anos en que estivo abandoada o contraste é moi grande. A accesibilidade foi adecuada para a xente con problemas de movilidade. A restauración dos edificios externamente e moi bonita, digo isto porque do interior só se poden visitar tres salas con exposicións: unha da historia da illa, outra da época en que foi cárcere e, a última, das obras de restauración. Tamén está fechado o acceso ó pequeno cemiterio que se atopa na Illa de San Antón, nel atópanse sarcófagos de pedra moi antigos. Outra cousa que chama a atención, é o elevado número de esculturas erixidas nun sitio tan pequeno.

           

Conclusións.

             Esperemos que, nun futuro próximo, todos podamos ter acceso á totalidade das instalacións e non sigan sendo disfrutadas só por uns poucos (arquitectos, políticos, poetas...).

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 6-7-2008

Escribir comentario

Comentarios: 0