Muíños.

          

          

Os muíños son máquinas que serven para moer o gran. Os que atopamos en Redondela son muíños fariñeiros de auga. Son de reducio, ou sexa, de roda horizontal, existindo dous grupos que as veces aparecen combinados:

 

  • De canle. Son nos que a auga vai collendo altura mediante unha canle para caer con forza no reducio.

  • De cubo. Son os que acumulan auga nun depósito (circular ou cadrado) para conseguir que a auga saia coa presión necesaria.

 

O documento máis antigo referente a muíños que atopei data do século XII: Los jueces árbitros otorgan sentencias relativas al pleito seguido por el monasterio de Santa María de Melón y el monasterio de Santa María de Armenteira sobre la posesión de unos molinos en Redondela.

 

No Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella de 1699 aparecen pagando o foro do Campo do Rigueiro do Barro (Vilavella): “Domingo da Veiga e Juan da Veiga molinero”.

 

No Catastro de Ensenada (1752) rexístranse: 7 en Cedeira, 3 en Cesantes, 11 Chapela, 7 en Negros, 35 en Reboreda, 2 en Redondela, 10 en Saxamonde, 6 Trasmañó, 4 en Vilar de Infesta e 2 en Vilavella; Cabeiro non tiña muíños. Dalgúns dos muíños de Reboreda fanse constar os seus nomes: da Freixa, da Fanega, da Manga, da Porta, do Francote, da Neta, da Rabadeira, da Cabada, do Cocho, do Cocho de Arriba, do Cumio e da Carosa.

 

No Diccionario Madoz (1845) contabilízanse: 2 en Cabeiro, 2 en Cedeira, 4 en Cesantes, 4 en Chapela, 8 en Negros e 17 en Reboreda. Tamén se confirma a existencia de muíños en Quintela, Redondela e Ventosela sen específicar o número. Non constan en Saxamonde, Trasmañó, Vilar e O Viso.

 

 

Na Matrícula Industrial de 1885 (a máis antiga que se conserva no Arquivo do Concello de Redondela): Bernardino Alonso (1roda-6meses-Atrio), José Alonso (1-6-Reboreda), Antonio Álvarez Martínez (1-3-Cabeiro), Ángela Barros (1-6-Monjas), Francisca Blanco Lage (2-3-Cesantes), Lino Castro (1-6-Chapela), Carmen Casqueiro (1-6-Cesantes), Joaquín Couñago (1-6-Reboreda), Benito Covelo González (1-6-Chapela), Miguel Figueroa (1-6-Negros), Francisco Fontán Portela (1-6-Viso), González Alonso (1-6-Chapela), Benita Lago Blanco (1-6-Chapela), José Lago (1-6-Viso), Ramón López (1-6-Reboreda), Carmen Núñez e Vicente Pérez (1-6-Reboreda), Ramón Francisco Pardo (2-3-Cedeira), Manuel Pereira Estévez (1-6-Chapela), Francisco Paradela (1-3-Reboreda), Jose María Ricón Couñago (1-6-Reboreda), María Rodríguez (1-6-Saxamonde), Ramos Roque (1-6-Reboreda), Concepción Sampedro Borines (1-6-Reboreda), Francisco Tapias (1-6-Chapela).

 

Nos datos anteriores temos que ter en conta a variación dos límites parroquiais. (Ver Historia das Parroquias)

 

 

Nun censo de actividades de 1905 atopamos en Redondela aos seguintes propietarios de muíños fariñeiros en Redondela:

 

Ramón Arelina, Ángela Barróz, Salustiano Méndez, Francisco Paradela, Antonio Pérez, Vicente Pérez e Prudencio Rivas. En Cabeiro Antonio (ilexible). En Cedeira os herdeiros de Pardo. En Cesantes Francisco Blanco e Carmen Pesqueiro. En Chapela Luis Castro, Benito Colela, Francisco Culera, Vicente González, Benito Lago, Manuel Rodríguez, María Rodríguez e Manuel Rodríguez.En Negros Miguel Figueroa. En Reboreda José Alonso, Santiago Blanco, Joaquín Couñago, Teresa Lama, Ramón López e Manuela Ponte de Andrade. En Saxamonde José Zabaleta. En Ventosela Manuel Bouzón. E no Viso Francisco Fontán.

 

 En 1910 hai poucas variacións, en Redondela:

Ramón Abeleira, Ángel Barros, Francisco González, Juan González, Francisco Paradela e Antonio Pérez. En Cabeiro Antonio Álvarez Martín. En Cedeira sucesores de Pardo. En Cesantes Francisco Blanco Lago e Carmen Pesqueiro. En Chapela Teresa Castro, Francisco Curbera, Delfín ¿G...? López, Vicente González ¿Al...?, Benito Lago Blanco, Manuel Rodríguez e María Rodríguez. En Negros Victoriano Antonio e Miguel Figueroa. En Reboreda Manuel Crespo, Francisco García, Juan González, Alejandro Lago e Cándido Míguez. E no Viso Francisco Fontán.

 

 

En 1925 en Redondela: Florencio Alfaya, Juan M. Abilleira, María Balado, Severiano Bastos, Francisco González, Juan González, Alejandro Lago, Eladio Martínez e Prudencio Rivas. En Cabeiro, Antonio Álvarez. En Cedeira Florencio Alfaya e a viúva de Genaro Amoedo. En Cesantes Florencio Alfaya e "La Viocha". En Chapela Francisco Carrera, Luis Castro, Vicente González, Benito Lago, María Rodríguez e Manuel Rodríguez. En Negros Miguel Figueroa. En Reboreda José Alonso, Joaquín Couñago, Teresa Lamas, Ramón López e Manuela Ponte de Andrade. En Saxamonde José Zabaleta. En Ventosela Manuel Bouzón. E no Viso Francisco Fontán.

 

 

Outras noticias referentes a muíños serían:

 

En febreiro de 1901, solicitou permiso para aproveitar ata 2.000 litros de auga por segundo do río Louro, nos termos de Pazos de Borbén e Redondela, o veciño deste último punto don Bernardo Pereira para destiñar á produción de enerxía eléctrica, e mover unha serra macánica e un muíño fariñeiro.

 

En agosto de 1922 anúnciase a apertura pública dun muíño eléctrico na actual rúa Padre Crespo que conta cos máis modernos adiantos para millo, trigo, centeo e....sofre.

 

Pola contra, en maio de 1929 as noticias son menos amables: A garda civil de Porriño denunciou ao veciño de Vilar, Manuel Figueroa, por sustraer pedra dun muíño en ruínas situado en Guizán (Mos).

 

A lista que amoso a continuación ronda o centear de muíños, aumentando o traballo “Muíños nas terras de Redondela” de Miguel Ángel Abraira Pérez, mais algúns están desaparecidos e outros aínda non os localicei.

 

Río Alvedosa

(Non aparecen os muíños do veciño concello de Pazos de Borbén)

Muíño de Rubio ou “La Molinera” (Paseo da Xunqueira/Redondela): Desaparecido. Estaba na parte traseira da tenda de mesmo nome. Era eléctrico.

Muíño da Peituda (R. Juan Manuel Pereira/Redondela): Sobre os restos do muíño construiuse un garaxe. Chamado así porque nel traballaba a irmá de Julián “Peitudo”, dono dunha popular taberna anexa ó muíño.

Muíño ¿? (Redondela): Foi literalmente cortado para construir un edificio. Tamén sorprende que entre este muíño e o río exista unha casa.

Muíño ¿? (Redondela)

Muíño do Señor Salvador (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda)

Muíños de Loroto (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda). No alto da fervenza de Reboreda.

Muíño da Peixiña ou Muíño Vello (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda). Adicado á hostalaría.

Muíño da Siña Ventura (Santo Paio de Abaixo/Reboreda)

Muíño da Moucha (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda): Reconvertido en vivenda no 2008.

Muíño da Manca ou do Medio (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda)

Muíño de Marchabié (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda)

Muíños da Ponte (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda). Adicados á hostalaría.

Muíño do Pápalo (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda)

Muíño ¿? (Asnelle de Abaixo/ Reboreda)

Muíño do Roque (Asnelle de Abaixo/ Reboreda)

Muíño do Faranguello (Reboreda)

Muíño da Catreira (Reboreda)

Muíño de Manel ((O Cadaval-Asnelle de Arriba / Reboreda)

Muíño ¿? (Reboreda): Só se conservan os cimentos.

Muíño das Xastras (Reboreda)

Muíño ¿? (Reboreda)

Muíño do Rachón (Reboreda)

Muíño ¿? (Reboreda)

  • Rego Alvedosa

Muíño de Joaquín (A Carosa/ Ventosela)

 

 

Río Fondón

Muíño de Benigno (Folón/Chapela)

Muíño de Folón (Folón/ Chapela)

Muíño da Chenca (Folón/ Chapela)

Muíño ¿? (Folón/ Chapela)

Muíño ¿? (Folón/ Chapela)

Muíño  ¿? (A Fraga-Cidadelle/Chapela)

Muíño de Casqueira (Cidadelle/ Chapela)

Muíño de Constante de Carabillón (Cidadelle/ Chapela)

Muíños de Fondón (O Fondón/ Trasmañó)

Muíño dos da Quinta (O Fondón/ Trasmañó)

Muíños do Coto (Campo Ghutierres/ Trasmañó)

Muíño de Alfonso de Lagho (Pazón/ Trasmañó)

Muíño ¿? (Albagheira/ Trasmañó)

Muíño de Carme (Albagheira/ Trasmañó)

Muíño Pequeno (Albagheira/ Trasmañó)

Muíño Novo (Albagheira/ Trasmañó): Presenta unha especie de cazoleta enriba da porta.

Muíños da Panasqueira (Veigha do Muíño-Albagheira/ Trasmañó)

Muíño de Antonio do Picho (Albagheira/ Trasmañó): Presenta a inscrición: “Año 1878”

Muíño do Lagho (Albagheira/ Trasmañó)

Muíños do Remixo (Albagheira/ Trasmañó)

 

Río Maceiras

Muíño do Arañol (O Muro-Vilavella/Redondela): Muíño con vivenda. Desaparecido trala construcción da estrada por detrás do Convento de Vilavella.

Muíño dos Biquillos (O Muro-Vilavella/Redondela): Desaparecido. O nome fai referencia ao alcume da familia propietaria.

 

Cu do Muíño (O Muro-Vilavella/Redondela): Muíño con vivenda e ponte de acceso, que foi medio tapada e ampliada no 2016 coa construcción da senda do Maceiras. Nunha das portas aparece a data de 1885. “Cu do” pode significar parte baixa do, polo que Cu do Muíño pode ser o muíño da parte baixa. Isto coincidiría coa súa ubicación cunha forte baixada dende Quintela. Tamén coñecido como Muíño dos Cochechos, alcume da familia propietaria.

 

Muíño da Maceira (Eira Pedriña/Cedeira)

Muíño do Castellano (Eira Pedriña/ Cedeira): Desaparecido para construir unha casa.

Muíño de Maghariños (Costeira/ Quintela)

Muíño de Carme (Costeira/ Quintela)

Muíño do Coxo ou do Bixairo (Pedra-Iglesias/ Saxamonde)

Muíño do Burato (Pedra-Iglesias/ Saxamonde)

Muíños das Veighiñas (Pedra-Iglesias/ Negros): Desaparecidos, se poden observar restos.

Muíño de Rogelio: Inaccesible.

Muíño do Lagho: Inaccesible. Sito enfronte do anterior.

Muíño do Caranguexo (A Costa / Vilar)

Muíño de Canalejas (A Costa / Vilar)

Muíño do Carolino (O Colexio / Vilar)

Muíño do Medio (O Colexio / Vilar)

Muíño do Colexio (O Colexio / Vilar)

·                   Rego do Muíño da Feixa (Maceiras)

Muíño da Feixa  (Eira Pedriña/Negros)

·                   Rego da Matoxa (Maceiras)

Muíño do Mancoeiro (Mancoeiro/ Negros)

Muíño de Maruja da Rufina (Mancoeiro/ Negros)

 

 

Río Pexegueiro

Muíño da Molinera (xunto a Ponte de Esteiro)

Muíño dos Herdeiros (A Nogueira/Cesantes): Desaparecido.

Muíño da Joaquina do Lobo do Caldo (A Nogueira/Cesantes)

Muíño de Adelaida, da Insua ou de Maruja de Carolina (A Insua/Cesantes)

Muíño da Gheresana (A Insua/O Viso)

Muíño ¿? (A Insua/ O Viso): Desaparecido.

Muíño do Lino (Cadabal/ O Viso)

Muíño de Florencio do Cabo da Vella (Cadabal/ O Viso)

Muíño de Manolo de Padia (Cadabal/ O Viso): Desaparecido.

Muíño da Habanera (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso)

Muíño do Zafarino (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso)

Muíño ¿? (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso)

Muíño ¿? (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso)

Muíño de Joaquín (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso)

  • Rego Caramboleiro

Muíños da Velasca (Eido de Arriba-Vilar do Mato/Ventosela)

 

 

Rego das Cabras

 

Muíño de Cotarelo de Arriba (Cotarelo de Arriba/Cedeira)

 

Muíño de Celso (Cotarelo de Arriba/ Cedeira)

 

Muíño do Río do Longo (Cotarelo de Arriba/ Cedeira)

 

Muíño da Rata (A Xeringa / Cedeira)

 

Muíño de Carme (A Xeringa / Cedeira)

 

Muíño de Xoán de Corujeiro (A Xeringa / Cedeira)

 

Muíño da Xeringa (A Xeringa / Cedeira): Desaparecido.

 

Muíños da Regueira (Camiño das Regueiras / Cabanas-Trasmañó): Dous muíños.

 

 

 

 

 

 

Outras Correntes Fluviais

 

 

 

 

 

Rego dos Muíños do Pardo

 

Muíños do Pardo (Aldea/Cedeira): Conxunto de catro muíños de cubo, dun deles só se conserva o cubo. Chamados así por ser propiedade de Ramón Francisco Pardo Ferro, nado na Coruña, alcalde de Redondela en catro ocasións, a primeira en febreiro de 1872. Era conservador. Foille otorgada a Cruz de Isabel la Católica con distinción de Caballero Cubierto ante el Rey.

 

 

Rego do Espiñedo ou de Segade

Muíño ¿? (Av. Vigo-Laredo/Chapela)

 

Regato da Garonda

Muíño ¿? (Camiño da Auga-Reboreda)

 

Rego das Sete Fontes

Muíño das Sete Fontes (Soutoxuste/O Viso): Quedou o descuberto no 2008 polo inicio da construcción dunha gasolineira.

 

Rego Pugariño ou da Bouza

Muíño ¿? (Camiño da Costa-Chapela)

Muíño ¿? (Camiño da Pomba-Chapela)

Muíño ¿? (Parada-Chapela): Enriba do muíño construiron un garaxe.

 

 

 

Río Maior

 

Muíños da Regueira (Camiño das Regueiras / Cabanas-Trasmañó)

 

 

 

 

         Ademáis de todos estes muíños atopamos outros de construcción máis recente. Trátase de muíños de vento empregados para a extracción de auga de pozos (dous privados en Reboreda e un terceiro que abastece a área recreativa Poza da Lagoa en Cedeira). E como curiosidade os restos no Río da Plateira (Cedeira) dun muíño que suministraba electricidade á Fábrica e Colmeiro.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 27-02-2017

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Muíños nas terras de Redondela: Miguel Ángel Abraira Pérez

 

Pares>Archivo Histórico Nacional> Monasterio de Santa María de Melón

 

Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella

 

Catastro de Ensenada (1752)

 

Diccionario Madoz (1845)

 

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

 

Matrícula Industrial de 1885-86. Arquivo do Concello de Redondela

 

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El pueblo gallego, Gaceta de Galicia, La Integridad

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 3
  • #1

    Antonio M. (martes, 04 enero 2011 21:09)

    Increible traballo. Que falta facía máis xente coma tí.
    Unha vez máis noraboa.
    Un saludo

  • #2

    Miguel Abraira (lunes, 27 febrero 2017 12:11)

    Estupendo traballo! A documentación histórica que aportas enche un baleiro moi grande deixado por aquela pequena publicación do ano 2000, e o reconto actualiza aquel, que tamén rondaba os 96, se non me equivoco. Mágoa que, máis de quince anos despois, esta siga sendo unha forma de patrimonio tan descoidada. Cada río é unha ruta ou sendeiro en potencia, nunha Redondela que non anda sobrada de activos patrimoniais e áreas de lecer, e os muíños que agroman en ambas beiras, unha fermosa oportunidade de explicar un pasado que se nos foi. Moitos parabéns! De verdade.

  • #3

    Juan Migueles (miércoles, 01 marzo 2017 22:24)

    Grazas. Gran parte do mérito deste apartado e teu. Seguro que hai máis pero como ben sabes non sempre é sinxelo chegar a eles.