O Carballo das Cen Polas

            O Carballo das Cen Polas é unha arbore centenaria que se atopa na parroquia de Reboreda. Ás súas ponlas acolleron aos romeiros das Festas de Santa María dende tempos pretéritos. Era visita obrigada dos forasteiros, recibindo a personalidades como o ex-presidente da República, Emilio Castelar (Ver Historia>Libro de Visitas), en 1883,  acompañado do máis destacado persoeiro desta parroquia, Juan Manuel Pereira (Ver Persoeiros>Política). Tamén foi esceario de grandes papatorias, como a que serviu o Hotel España en 1921 para unha nutrida representación de secretarios de concello de toda a rexión, que celebraban a mellora das súas condicións laborais. Por non falar dos posteriores excesos da Peña de Xan Carallás (Ver Festas>Xan Carallás).

            Os terreos foron adquiridos pola Xunta de Galicia en 1997, sendo presentado o proxecto dun auditorio ao aire libre que contemplaba a conservación do carballo. Mais o cambio producido nas eleccións municipais provocou que nin se iniciaran as obras.

 

Estado actual (2010).

            O lugar presenta un total abandono.

 

Como chegar.

Texto: J. Migueles

Actualizado: 30-10-2013

Escribir comentario

Comentarios: 0