O Monte Penide (Cedeira, Negros, Trasmañó e Cabeiro)

Redondela
Mámoa do Rei. 2009. Foto: J. Migueles

            Este monte destaca pola súa riqueza arqueolóxica. Nel podemos atopar petroglifos, máis de 30 mámoas catalogadas e o castro de Negros. Foi declarado Conxunto Histórico-artístico en 1970 e Ben de Interese Cultural en xullo do 2008.

            Este conxunto ten a súa continuación no concello de Vigo.

http://vigoarqueologico.blogspot.com/2008/03/sobre-los-yacimientos-arqueolgicos-en_919.html

           

¿Cómo chegar?

            Saír de Redondela en coche cara a Vigo. Deixamos á man dereita o acceso á estación de ferrocarril e, a uns 300 metros, xiramos á esquerda. Seguimos esta estrada ata ver os muros do colexio de Cedeira, chegando a un cruce que tomamos á dereita. Comezamos a subida ó monte Penide  pasando xunto ó Pazo de Torrecedeira (non pode ser visitado por ser de propiedade privada). A terceira pista do lado dereito condúcenos a un vello campo de futbol, coñecido como Campo da Rata. Nos arredores podemos atopar petroglifos e os restos dunha mámoa, así como un alto dende o que poderemos disfrutar de vistas á ría de Vigo. 

            Se continuamos a subida pola estrada, chegaremos á área de descanso Poza da Lagoa. Deixando as mesas á nosa esquerda seguiremos a pé por un sendeiro que nos levará ata a poza que da nome ó lugar. Seguimos o sendeiro rodeándoa e a escasos metros, na marxe dereita, atoparemos máis petroglifos.

Castro de Negros Foto: J. Migueles, 2010
Castro de Negros Foto: J. Migueles, 2010

Voltamos co coche á estrada internándonos na parroquia de Trasmañó. Atopamos unha serie de cruces que tomaremos á esquerda, dereita e novamente á esquerda. Chegaremos a unha curva na que se atopa a Mámoa do Rei. Fixándonos nos arredores encontraremos numerosas mámoas, ata 30 catalogadas. Tomando un sendeiro cercano,  a uns centos de metros na marxe dereita, acharemos ademáis petroglifos e unha cruz gravada na Idade Media que da nome ó lugar, Chan da Cruz.

            Se preferimos facer todo o camiño a pé ou en bicicleta, unha opción sería a marcada no mapa adxunto na galería.

            Podemos completar a visita acercándonos ó Castro de Negros. Podemos ir a pé dende a Mámoa do Rei, coller a pista de enfrente e á dereita que forma parte do Camiño das Greas. En 5-10 minutos estaremos no castro.

            Do castro tan só poderemos ver parte do muro exterior e depresións no terreo que indicarían a posible existencia de restos de vivendas. O lugar tamén conta con bonitas vistas ó val do río Maceiras. 

 

           Esta sería unha visita ó máis destacado, existen máis petroglifos e restos arqueolóxicos, pero a falta de sinalizacións dificulta explicar a súa ubicación dende un texto. Para saber máis:

http://www.ipdca.com/internovas/

 

           Ruta alternativa:

           http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=185427

 

           Dúas Rutas polas Mámoas do Monte Penide (Por Xosé Couñago)

           http://montepenide.wordpress.com/

 

Estado actual (2008).

            Nin os petroglifos nin as mámoas estan sinalizadas. O único panel existente, que indicaba a ubicación da Mamoa do Rei, foi destrozado pouco tempo despois da súa colocación. Pola súa parte, o Castro de Negros, ademáis de non ser escavado, sofreu a colocación dunha torreta de alta tensión, dunha antena e dunha área de descanso (cruceiro, fonte, churrasqueira, mesas e bancos de pedra).

 

Conclusións.

            Coa sinalización axeitada poderiase crear unha ruta de senderismo que unira tódolos puntos de interese.

 

Nota: O mapa e os calcos dos petroglifos foron facilitados na ruta guiada celebrada o 12 de outubro do 2008, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte, e a do Medio Rural, agás  do calco da Poza da Lagoa no que aparecen formas humanas, recollida na páxina Internovas.   

Mámoa do Rei en Google Maps:

Castro de Negros en Google Maps:

Texto: J. Migueles

Actualizado:6-8-2009

Escribir comentario

Comentarios: 0