Os Viadutos.

Redondela é coñecida como a Vila dos Viadutos por estar surcada por dous de eles:

 

Viaduto de Ourense, de Monforte ou de Madrid

Viaduto de Monforte, 2008. Foto J. Migueles
Viaduto de Monforte, 2008. Foto J. Migueles

 Este viaduto mide 411 metros de largo por 32 de alto, se ben a parte metálica ten unha lonxitude de 255’89 m. As pezas metálicas foron importadas das fábricas de Fives-Lille (Francia). O interior dos pilares de pedra foron recheados con miles de piñeiros, xa que a madeira resultaba máis económica. A súa construcción iniciouse en 1863. O 30 de xuño de 1876 realizáronse as probas de forza as que asistiu o Governador Civil. Consistiron en que unha locomotora cruzara tres veces, a última con oito vagóns cargados de terra. O tramo Vigo-Redondela foi inaugurado e percorrido por Alfonso XII ó ano seguinte. Pero non sería ata 1881 cando entraría en funcionamento a línea Vigo-Ourense, chegándose a Monforte en 1885.

Sempre se dixo en Redondela que este viaduto fora construido por Pedro Paolo Floriani da Macerata, mestre italiano discípulo de Gustave Eiffiel, o constructor da homónima Torre parisina, mais parece ser que a realidade foi ben distinta. Houbo efectivamente, un Pedro Floriani, pero que nada tiña que ver cos anteriormente mencionados. En realidade, era un subcontratista. No 1868, a adxudicataria das obras comunícalle que non se lle pagará a obra aducindo a falta de seguridade da mesma. Endeudado tentou suicidarse e quedou inválido. Os outros financiadores da obra que tampouco cobraron os costes foron Francisco Buenagua Magulegui, de Marquina (Vizcaya), e Juan Praria Rozaza. Eles si conseguiron suicidarse.

A principios de 1927 os carteis que prohibían o paso non impiden que o viaduto se encha de xente cada vez que o Redondela F. C. xoga no campo de Petán. O feito tampouco é tan estrano tendo en conta o índice de analfabetismo da época. Pero as aglomeracións chegan a ser tan perigosas que en ocasións os trens teñen que deterse no viaduto para evitar atropelar á xente.

Durante os anos de posguerra, cando “o tren Portugués” (tren procedente de Portugal) facía soar a súa sirena tres veces e freaba antes de chegar a este viaduto, a baixa velocidade era aproveitada para lanzar sacos de café, fariña...; que os mozos da vila recollían rápidamente. Este estraperlo axudaba á precaria economía de moitas familias de Redondela.   

Durante todos estes anos de funcionamento o maior problema deste viaduto era o forte desnivel que o separaba do túnel de Os Valos, o que provocou non poucos incidentes. En agosto de 1967 entrou en funcionamento un trazado alternativo, que provocou a construcción dunha nova estación. Poucos anos despois o viaduto quedou en desuso retirándose as vías e as varandas. Daquela, a estructura de ferro foise deteriorando pola falta de mantemento, que non chegaría ata o 2004, ano no que a Consellería de Cultura invertiu 318.000 euros en limpeza, toma de mostras e pintado do viaduto. Os traballos non deberon resultar moi efectivos xa que tan só 5 anos máis tarde caiu unha peza metálica de case 1 Kg. de peso, coa fortuna de que non causou danos. Este suceso provocou que en maio do 2009 o viaduto comezara a ser tapado cunha malla en espera de financimento. No 2013 inícianse novos traballos de restauración.  

 

Viaduto de Monforte, 2008 Foto: J. Migueles
Viaduto de Monforte, 2008 Foto: J. Migueles

Inmediacións do Viaducto Vello.

O que moita xente non coñece son as inmediacións desta ponte na parte de O Muro. Ademáis das vistas que se poden admirar dende o viaducto nas cercanías atopamos unha pequena lagoa na que fan parada algunhas aves migratorias (garzas e patos salvaxes principalmente). O conxunto péchase cunha vexetación na que destacan carballos, loureiros, castaños... Tamén se poden observar numerosos paxaros como verderoles, paporubios, lavandeiras, merlos...; e se temos sorte algún esquío.  

 

¿Cómo chegar?

            En coche: Saír de Redondela cara a Porriño. Realizar un cambio de sentido ó chegar ó cemiterio de Mañó. Coller a estrada que pasa por diante do bar Villaverde. Esta estrada non é máis que o antigo trazado da vía. Seguimos por ela ata dar co viaducto.

            A pé: No camiño que une a Praza Pontereas coa Rúa Muro, coller o camiño que atopamos á man esquerda. Pasamos por debaixo dunha ponte que formaba parte da liña do ferrocarril. Subimos e seguimos a pista asfaltada.

 

Estado actual (Agosto 2008).

            O acceso ó viaducto está pechado cunha cancela que  nos impide o paso á zona de pedra do viaducto, parte segura por contar cunha balaustrada, polo que non podemos disfrutar da paisaxe. Nas inmediacións da lagoa hai basura e prácticamente está tapada pola vexetación. No camiño tamén había árbores tumbadas no asfalto.

 

Conclusións.

            Nos anos 80 publicouse un proxecto no Faro de Vigo para convertir este viaduto nun paseo, o proxecto contemplaba entre outras cousas ascensores e un bar. A día de hoxe (2008) aínda non comezaron as obras. A idea é boa e si se fixera sería mellor.  Se ademáis se contemplara a posibilidade de recuperar a lagoa e o seu entorno (son de propiedade privada) dotaría a Redondela dun espacio de lecer no casco urban dunha gran riqueza ecolóxica.

 

Viaduto de Pontevedra

Viaduto de Pontevedra, 2008. Foto: J. Migueles
Viaduto de Pontevedra, 2008. Foto: J. Migueles

           En 1864 o inxeñeiro José Pérez presentou o primer proxecto para a liña Redondela-Pontevedra no que non se recollía a construcción dun novo viaducto. En 1879 nun novo estudio Manuel Tabuenca recomendaba a súa construcción. Sería finalmente Mariano Cordereda o que, en 1881, fixaría as dimensións e a localización da ponte.

O Viaduto Novo (Pontevedra-Vigo) só ten pedra nos tramos de acceso. A parte metálica consta de tres tramos sostidos por dous pilares. O central ten unha luz de 57’5 m. e os laterais de 46m. O inxeñeiro que dirixiu a obra foi Luis Wirtz. Empregouse ferro laminado construíndose as pezas nos talleres da barcelonesa “Maquinista Terrestre y Marítima”.

O 17 de marzo de 1881, celebrouse a inauguración previa ás obras. Ante varias autoridades locais e provinciais, unha vagoneta fixo a primeira descarga de terra. En xuño de 1881 dan comezo as obras de construcción. As probas de resistencia realizáronse en maio de 1884. E definitivamente, o 30 de xuño de 1884  celébrase a inauguración oficial da liña Redondela-Pontevedra iniciada o 17 de marzo de 1871. Na actualidade segue en funcionamento.

 

Viadutos Menores

Viaduto de San Estebo, 2008. Foto: J. Migueles
Viaduto de San Estebo, 2008. Foto: J. Migueles

Ponte de Fontán (Soutoxuste-O Viso). Pequeno viaduto do ferrocarril que leva á Punta de Fontán. Construido en 1883.

 

Viaduto los Cuatro Puentes (límite Chapela-Teis (Vigo)). Chamado así por ter catro arcos de pedra.

 

Viaduto de San Estevo (Negros). Viaduto do ferrocarril do trazado Vigo- Ourense que deixou en desuso ó Viaduto Vello.

 

Texto: J. Migueles

Actualización: 21-01-2014

Escribir comentario

Comentarios: 0