Paseos da Marisma e da Portela

            Despois de construirse un paseo pola desembocadura do río Pexegueiro, no 2010 fíxose o propio coa do Alvedosa. Nesta ocasión uniuse cunha pasarela de madeira a rúa Ernetina Otero coa coñecida como Praia dos Bébedos, no barrio de A Portela (Cedeira). E todo isto enlazouse mediante unha ponte e un tramo que rodea a depuradora co anteriormente dito paseo do Pexegueiro.

            Este recorrido destácase polas súas paisaxes que varian considerablemente dependendo de que a marea estea alta ou baixa. Tamén os amantes das aves poderán disfrutar observando no seu medio natural a garzas, garcetas, polas de auga, gaivotas...

 

Texto: J. Migueles

Actualizado:2-3-2011

Escribir comentario

Comentarios: 0