Pontes.

Pontes de Cabeiro

Ponte da Iglesia

Ponte de San Domingos

Ponte da Viela

 

Pontes de Cedeira

Ponte da Bandeira (A Formiga)

Ponte do Carallás (Fortóns)

Ponte da Lama (Eira Pedriña)

Ponte do Muíño (Rande)

Ponte da Portela (A Portela)

 

Pontes de Cesantes

Ponte de Arribas

Ponte de Esteiro. Cruza o río Pexegueiro. Tivo gran importancia na comunicación de Redondela con Cesantes, ata que en 1912 se construiu a estrada que cruzaba a Marisma (actual Avenida Mendiño).

Ponte da Illa de San Simón. Une as illas de San Simón e San Antón. Foi construido polo enxeñeiro Alejo Andrade Yáñez como parte das infraestructuras necesarias para a construcción do lazareto que entrou en funcionamento no 1842. Daquela contaba con portalóns nos extremos para separar o lazareto limpo (San Simón) do lazareto sucio (San Antonio, enfermos máis graves).

Ponte de Novás. En xaneiro de 1910 baixo esta ponte da vía férrea, no barrio de Carballino, apareceu un home morto. A causa da morte fora a asfixia ao cair nunha canle empregada para regar as veigas.

 

 

Pontes de Chapela

Ponte Subida A Buraca (Igrexa)

Ponte Camiño da Cacharela (Chapela)

Ponte da Grila (Laredo)

Ponte do Ps. Jesús Durán Troncoso (Chapela)

Ponte Camiño dos Olmos (Angorén)

Ponte de Pasán (Igrexa)

Ponte de Solla. O nome pode deberse a ser construído polo canteiro do s. XVIII Pedro Solla. En agosto de 1931 o Concello acorda colocar unha luz nesta ponte de Chapela.

 

 

Pontes de Negros

Ponte de Fixón-1 (Fixón)

Ponte de Fixón-2 (Fixón)

Ponte do Muíño (Fixón)

Ponte do Pregal-1 (Pregal)

Ponte do Pregal-2 (Pregal)

Ponte da Vía (Fixón)

 

Pontes en Quintela

Ponte na Vía Vella do Ferrocarril (Quinteiro)

 

Pontes de Reboreda

Ponte das Barcias (Asnelle de Arriba)

Ponte de Cadabal (San Paio de Abaixo)

Ponte do Carballo (San Paio de Abaixo)

Ponte do Cotiño  (San Paio de Abaixo)

Ponte do Coutixo  (San Paio de Abaixo)

Ponte da Feixa  (San Paio de Abaixo). En marzo de 1910 apareceu un home afogado baixo esta ponte.

Ponte das Laxes (San Paio de Abaixo)

 

 

Pontes de Redondela

 

A Marca do Rei, 2009 Foto J. Migueles
A Marca do Rei, 2009 Foto J. Migueles

 

 

Ponte que cruza o río Maceiras ao entrar no casco urbán de Redondela por Vilavella. (Ver Outros Elementos Etnográficos)

 

Ponte de Arango. En xaneiro de 1910 acórdase no Concello arranxar unha pedra desta ponte e  tamén recompoñer a ponte que unía a Xunqueira co camiño da estación.

 

Ponte do Carballo. Destruido polo asulagamento do 28 de setembro de 1932.

 

Ponte de Fenosa. Como dixemos anteriormente, en xaneiro de 1910 acórdase no Concello recompoñer a ponte que unía a Xunqueira co camiño da estación. Supoño que esta ponte era de madeira porque atopo referencias a outra que se construira no 1915 e que tamén era deste material. Esta tamén debeu ser sustituida poucos anos despois, porque en setembro de 1929 “a ponte inmediata á central eléctrica”  atopábase medio derruida polas obras de encauzamento do río, e solicitábase a construcción dunha ponte provisional de madeira para evitar un rodeo dun kilómetro para subir á estación.

 

Ponte dos Fornos. Uniría a antiga rúa dos Fornos (de ahí o seu nome), actual Xoán Manuel Pereira, coa rúa Alfonso XII. Destruido polo asulagamento do 28 de setembro de 1932. Da indemnización concedida polo Ministerio de la Gobernación o Concello adicou 3.443’57 pesetas á súa reparación. Desapareceu coa construcción da actual praza Ribadavia, proxectada en 1930.

 

Ponte do Concello e restos do vello, 2009 Foto: J. Migueles
Ponte do Concello e restos do vello, 2009 Foto: J. Migueles

 

Ponte de Julián Peitudo. Destruida durante o asulagamento do 28 de setembro de 1932, sendo logo reconstruida. Une a Rúa Xoán Manuel Pereira coa R. Figueiral. Chamada así polo dono dunha taberna próxima á ponte.

 

Ponte de Lima. Construida en 1863. Co inicio da construcción da primeira Praza de Abastos da vila o 3-4-1887 tápanse 7 dos 15 ollos que tiña esta ponte. Produciuse daquela a reclamación dos 3 médicos da vila porque se impedía a entrada das mareas, non contando o proxecto con estudos técnicos ao respeto e padecer numerosos defectos lexislativos. Mais só se consegue retrasar a inauguración da obra ata o 25 de xullo de 1891.

Posteriormente o que quedaba desta ponte sería sustiuida pola chamada Ponte do Concello, que sería demolida para facer outra máis ancha en outubro do 1996.

 

Ponte Longa. Desaparecida en 1930 ao taparse o río Alvedosa para construir a praza Ribadavia. Unía Vilavella coa actual rúa Alfonso XII. Aparece xa con este nome no século XVIII como lindeiro de Redondela uníndoa con Vilavella. Según Casto Sampedro (Ver Persoeiros>Investigación), anteriormente coñecida como Ponte Ancha. Nos anos 30 do pasado século, tamén chamada popularmente Ponte de Matilde, homónima da Fonte de Matilde, recibían o nome da propietaria dunha taberna ubicada no solar no que anos despois abriu  a Cafetería La Farola.

 

Ponte de Paulino, 2009. Foto: J. Migueles
Ponte de Paulino, 2009. Foto: J. Migueles

Ponte de Paulino. Ponte que une o Paseo da Xunqueira coa Avenida Ernestina Otero. Chamada así por ser financiado polo dono do coñecido como Baile de Paulino, que co tempo se convirtiría na discoteca Diva. A principios do s. XXI foi recuberta de madeira.

 

Ponte de Pasais. Arranxada no 1872, foi destruida polo asulagamento do 28 de setembro de 1932. Situada na rúa Pasais, actual Xoán Manuel Pereira, une Redondela con Reboreda.

 

 

Ponte da Praza, 2009. Foto: J. Migueles
Ponte da Praza, 2009. Foto: J. Migueles

Ponte da Praza. Construida para dar acceso á Praza de Abastos. Coas obras do recheo instalouse nun principio unha pasarela de madeira que sería sustituida pola actual ponte de pedra. Esta sería ampliada no 2007.

 

Ponte da Portela. Construída despois do recheo da Marisma para unir a Portela coa Avenida de Santa Mariña. Ampliada entre o 2000 e o 2005.

 

 

Ponte da Portela, 2009. Foto: J. Migueles
Ponte da Portela, 2009. Foto: J. Migueles

 

 

Ponte da Ribeira. Desapareceu coa desviación do río. Estaba situada ó final da Alameda, máis ou menos á altura da Praza Santiago Apóstolo. Daba acceso ó peirao e á Praza do Peixe.

 

 

 

Ponte da Xunqueira. Une Vilavella co Paseo da Xunqueira.

 

 

 

Ponte de Vilavella. Unía o barrio do Salgueiral coa rúa hoxe chamada Padre Crespo. En 1933 non era máis cunha ponte de madeira xunto á conserveira Otero Bilbao (Ver Historia>Empresas). Esta ponte desaparecería coa construcción da industria textil Regojo.

 

 

 

NOTA: No 1774 o Procurador Xeral do Mar, Antonio Amoedo, contratou ó canteiro de Cedeira Domingo Pereira para construir unha ponte na vila, que ese mesmo inverno tería que ser reparada por mor dun asolagamento.

Pasarela da Alameda, 2009. Foto: J. Migueles
Pasarela da Alameda, 2009. Foto: J. Migueles

           

            A finais dos 70 a necesidade de desviar o tráfico da N-550 (Vigo-Pontevedra) do casco urbán  levou áconstrucción do “Scalextric”, que dividiu Redondela e provocou  durante anos repetidas inundacións do paso inferior.

A partires do 2005 instaláronse varias pasarelas de madeira sobre os ríos que surcan o centro de Redondela.

 

Pontes de Saxamonde

Ponte de Negral (Os Valos)

Ponte do Souto (Os Valos)

Ponte de Vilanova (Casal do Monte)

Pontes de Trasmañó

Ponte do Remixo

Ponte do Río Maior

 

Pontes de Ventosela

Ponte da Barronqueira (Ventosela)

Ponte da Caramboleira (Vilar do Mato)

Ponte Casal do Eido (Ventosela)

Ponte de San Garrido (Castiñeira). Actualmente forma parte do sendeiro das Greas.

Ponte das Toxeiras (Vilar do Mato)

 

Pontes de Vilar de Infesta

Ponte de San Martiño (Igrexa)

Ponte da Pereira (Igrexa)

 

 

NOTA:

No 2008 iniciáronse as obras do AVE en Redondela enchendo o concello de novas pontes e viaductos.

 

Tuneladora do AVE en Negros. Foto Juan Migueles
Tuneladora do AVE en Negros. Foto Juan Migueles

Texto: J. Migueles

Actualizado: 27-01-2014

Inicio


    Subir    

                                                  

Muíños                                                                                                         Historia

 

  Que ver

 

Escribir comentario

Comentarios: 0