Praias

            As praias do concello de Redondela son praias de augas tranquilas por atoparse ao fondo da Ría de Vigo na chamada Enseada de San Simón.

 

Praia de Cesantes (Cesantes)

É a praia máis grande con 2.400 metros de lonxitude. Distínguense varias zonas: Praia Vella, Praia Nova, A Mariña, Os Asteleiros, A Punta (do Cabo) e a Praia do Cabo. A mellor zona para o baño é a da Punta que posee un paseo con duchas, acceso minusválidos e parque infantil. Tamén destaca pola proximidade da Illa de San Simón.

 

 

Prais de Arealonga (Chapela)

            Esta praia está delimitada por dous regatos o Rego Pugariño ou da Bouza e o Rego Espiñedo ou Segade que marca o límite entre Chapela e Teis (Vigo). Tamén posee un paseo con duchas, acceso minusválidos e parque infantil.

 

Praia de Cabanas (Cabanas-Trasmañó)

            Pequena cala de difícil acceso, xa que hai que cruzar a vía do tren por un paso sen barreira.

 

Praia de Rande (Rande-Cedeira)

            Pequena cala na que desemboca o Rego das Cabras.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 23-6-2009

Escribir comentario

Comentarios: 0