Cesantes

CESANTES (San Pedro): A súa terminación dáse en outros lugares como Arantes, Barrantes... e tamén fóra de Galicia. Según Gerardo Sacau viría do latín caedere, significando: “a poboación que ocupa o desnivel ou cortadura do terreo.Popularmente tamén é coñecido como Os Trás, parece ser porque en tempos se collían moi boas ostras.

 

Barrios

Carballiño: Mais que de carballo, este nome podería proceder do preindoeuropeo car-b (planta de terreo fragoso, de rocha, planta dura) ou de kar- (rocha). Tamén podería significar “leña miúda”.

O Coto: Pode ser unha castelanización da forma couto (territorio pequeno con lindes fixadas) ou proceder do prerromano cotto (coto, prominencia).

Outeiro das Penas: Outeiro é un lugar elevado e Penas  son rochas.

San Pedro: O santo titular da igrexa da nome ó lugar.

 

 

Toponimia menor

Agrelo (Cesantes)

A Canteira

Catapeixe: Cata- viría de Captatorium e Captatoria, “miradoiro”. Significaría miradoiro ou lugar alto desde o que se pode ver o peixe.

Coto De Abaixo, O

Couto (Cesantes)

Ponte, a: Lugar. Recibe o nome da ponte do ferrocarril coñecida como Ponte de Fontán.

Rega, a

Sobreiro, o (Outeiro das Penas): leira coñecida tamén como Finca do Alemán, por ser propiedade de Heinz Gerd Sauer, veciño de Vigo. Nela atopouse un dos miliarios de Cesantes en 1975, cando xa pertencía a José Fernández Pérez, Paulo José Groba Rodríguez e José Pache Cabezas que a mercaran o ano anterior.

 

Toponimia da Costa

Punta do Monte Gordo ou da Canteira

Praia de Cesantes ou Areal do Arco: Dividida en: Praia Vella, Praia Nova, A Mariña, Praia do Bichiño, Praia do Loureiro, os Astilleros e a Punta do Cabo.

Cova do Asno

Punta Sobreira ou Sobreiro: a sobreira ou corticeira é un tipo de árbore, en castelán alcornoque.

 

Toponimia Histórica

 

Indice de documentos que pertenecieron al Monasterio de Melón. B11 César Vaamonde Lores-RAG

Conchouso do Balado (1365)

 

Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779)

Campo da Vella

Heredad da Rochela

La mitad da Viña bella

Heredad do rio

El lugar da torre de San Pedro

Campo da Ribeira o Ribeiriña

Campo ¿del teiron? / ¿de uterion?

Cocho da Eira

Campo entre las Viñas

Heredad debaixo

Heredad do Campo

Fuero de Martin Cabaleiro de Cesantes

 

Toponimia recollida no Catastro de Ensenada (1752)

-----Límites

riego de Santa Mariña

fuente del Mouro

fuente de Jardón

la Revolta (marco)

fuente Cova

a Cansela (marco)

fuente del Molino Viejo

la Cancela de Folgozas (marco)

pilar de San Pedro

la Mina (marco)

la Portela

Pozo do Mouriño

-----

río do Rial

-----

Cova de Corpe

Soto justo

Agrelo

 

Diccionario Madoz (1850)

“Antiguamente se criaban muchas y exquisitas ostras en esta feligresía y de ahí vino el llamársele Ostras cuyo nombre cambió posteriormente por Cesantes, con que hoy es conocido, por haber cesado o escaseado la pesca del apreciado marisco”.

Río Pereiro

Puente de Esteiro

Puente del Camino Real

Madeiro (regato)

Catapeixe (lugar)

Coto (lugar)

 

Outros Documentos

Bosque de Agrelo: “con robles, pinos y castaños... con murallas(Aparece nunha listaxe de propiedades á venda por Real Orde Testamentaria á morte de Buenaventura Marcó e a súa dona-Diario de avisos de Madrid 08-12-1834 pag 1 y 2)

Carmen, el: “heredad al norte de Cesantes de labradío, tojal y dehesa” (Aparece nunha listaxe de propiedades á venda por Real Orde Testamentaria á morte de Buenaventura Marcó e a súa dona-Diario de avisos de Madrid 08-12-1834 pag 1 y 2)

Fuente de la Virtud: “heredad a labradío” (Aparece nunha listaxe de propiedades á venda por Real Orde Testamentaria á morte de Buenaventura Marcó e a súa dona-Diario de avisos de Madrid 08-12-1834 pag 1 y 2)

Pesqueiro: “labradío” (Aparece nunha listaxe de propiedades á venda por Real Orde Testamentaria á morte de Buenaventura Marcó e a súa dona-Diario de avisos de Madrid 08-12-1834 pag 1 y 2)

Costa da Forca: Lugar no Monte do Cuco. (19100904 La Idea)

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 03-07-2015

Escribir comentario

Comentarios: 1
  • #1

    José Antonio MArtínez Fdez. (sábado, 28 septiembre 2013 19:13)

    En canto á orixe do topónimo Cesantes, na revista nº 1 de Cuadernos choqueiros, dise que provén de Ces (voccablo de orixe xermánica que significa xefe) e o sufixo "antes" que significa pertencente. Logo Cesantes signicaría lugar pertencente aos xefes oucompañeiros.