Xeneralidades de Redondela

Fervenza en Reboreda. Redondela
Fervenza en Reboreda.

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra (Galicia). Ten unha superficie de 52’1 km2 e unha poboación que ronda os 30.000 habitantes. Limita ó norte con Sotomaior, ó leste con Pazos de Borbén, ó sur con Mos e Vigo e ó oeste coa ría de Vigo. Estando dividido en 13 parroquias:

-         Cabeiro

-         Cedeira

-         Cesantes

-         Chapela

-         Negros

-         Quintela

-         Reboreda

-         Redondela

-         Saxamonde

-         Trasmañó

-         Ventosela

-         Vilar de Infesta

-         O Viso

Festas Relixiosas e Pagáns

(Ver Festas e Tradicións)

Entroido. En Redondela.

Festas dos Maios. 1º de Maio en Redondela.

Festa da Coca. Corpus Christi (Maio-Xuño) en Redondela.

Festa de San Xoan. 24 de Xuño en Cabeiro. Tamén se fan fogueiras na Portela e Cesantes.

Festa dos Fachos. Último fin de semana de xuño no Viso.

Festas do Carme. 16 de xullo en Cesantes e Chapela.

Festa de San Pedro.  4ª semana de xullo en Cesantes.

Festa do mariñeiro. 1º fin de semana de agosto en Cesantes.

Festa da Virxe da Peneda . 5 de agosto no Viso.

Festa de Santa María. 15 de agosto en Reboreda e O Viso.

Festa das Angustias. 3º fin de semana de agosto en Redondela.

Festa da Nosa Señora dos Dores. Finais agosto na Teixeira (O Viso).

Festa de San Andrés. 30 de novembro en Cedeira.

Festa de San Martiño. 11 de novembro en Ventosela.

Festa de San Román. 18 de novembro en Saxamonde.

 

Festas Gastronómicas

(Ver Festas e Tradicións)

Festas do Choco. 2º fin de semana de Maio en Redondela.

Festa do Mexilón. En agosto ou setembro en Chapela.

Festa da Mazá. 1º domingo de outubro en Negros.

http://festadamazan.blogspot.com/

Festa do Magosto. 1ª quincena de novembro en Cedeira. 

Festa da Orella de Porco. 1ª quincena de novembro en Cedeira.

 

 Feiras

Feira en Redondela. Os días 6 e 21 de cada mes.

Feira en Chapela. Os días 2 e 16 de cada mes.

 

Oferta Cultural

 

Os Viadutos. O Concello celebra dende o ano 2000 este certame literario de relatos curtos

 

Teatrarte. Certame de teatro organizado polo Concello.

(Ver Música e Teatro>Teatro)

 

Redondela en Curto: Certame de cortametraxes.

http://www.redondelaencurto.com/

Festival internacional de títeres (Memorial Juanjo Amoedo): Teñen participado grupos de puntos tan dispares coma Australia, India ou Arxentina. Celebrouse por primeira vez no 2000 e dende aquela non parou de crecer a asistencia de público.

(Ver Música e Teatro>Títeres)  

http://www.fantoches.org/

http://www.blogoteca.com/xentetitiriteira/

Lixo Rock: Concerto alternativo na Alameda. A organización pon escenario e instrumentos a disposición de todo o que quera actuar.

(Ver Música e Teatro>Colectivos e Festivais)

http://www.blogoteca.com/lixorock/

 

Festival Alternativo Millo Verde: Dende o 2007. Festival con área de acampada que se realiza na marisma. Os grupos participantes tocan os máis diferentes estilos: rock, ska, heavy... Paralelamente, realízanse outras actividades como charlas, xogos populares, actuacións de rúa...   

http://milloverde.blogaliza.org/

 


Festival de Bandas de Música de Chapela: Organizado pola Banda de Música e a Escola de Música de Chapela dende 1996.

 

A Noite da Lúa Meiga: Festival de música folk que se celebra en O Viso. Organizada pola agrupación folklórica Terra Meiga vense realizando dende o ano 2001. Ademáis da música tamén ofrecen xogos populares e mostras de artesanía.

http://www.noitedaluameiga.org/

http://www.terrameiga.net/

 

Arrastro Rock Festival : Festival de música en Reboreda dende o 2007.

http://www.myspace.com/arrastrorockfest

 

Arde Rande: Festival debaixo da Ponte de Rande tamén dende o 2007.

http://www.arderande.org/

 

Noites máxicas dos Viaductos: Programación cultural do Concello para o vran. Nel teñen cabida diferentes tipos de música dende o folk galego ata o gospel estadounidense, pero tamén o cine e o teatro. As actuacións teñen lugar na Praza da Torre. Inclue:

Festival Folk Arealonga: En Chapela.

Artistas na rúa: Certame celebrado na Alameda dende o ano 2000, conta coa actuación de magos, paiasos, músicos, malabaristas e equilibristas.

Entroido de verán: Ofrece música festeira tendo actuado Georgie Dan, La Orquesta Mondragón... (Ver Festas e Tradicións>Entroido)

www.redondela.es/

Meixón Music

A Tenda de Candelaria, O Escondidiño e Café da Vila teñen unha programación de verán na rúa Meixón Frío con música ó vivo e contacontos.

 

Exposicións: Organizadas polo Concello (www.redondela.es/) e o albergue de peregrinos a Casa da Torre.  

 

Varios

Destacar ós centros de cultura (www.redondela.es/) e tódolas asociacións e colectivos que me quedan no tinteiro.  Por último, nomear ás cafeterías e discotecas que de maneira puntual organizan concertos e exposicións entre outras actividades.

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 02-05-2014

Escribir comentario

Comentarios: 0